Begonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Liña 1:
{{Concello
| bandeira =
| escudo = Begonte.svg
| imaxe = [[Ficheiro:Begonte 01-01a.JPG|300px]]
| pé = Casa do concello
| xentilicio = [[wikt:begontino|begontino]]
| provincia = Lugo
| preposición1 = de
| comarca = Terra Chá
| preposición2 = da
| poboación = 3.322
| ano poboación = 2012
| superficie = 126,8
| entidades = [[Lugares de Begonte|19 parroquias]]
| capital =
| elec ano = 2011
| alcalde = José Ulla Rocha
| partido = PPdeG
| bng = 1
| pp = 7
| psg-psoe = 2
| outros = [[Independientes por Begonte|IBT]] - 1
| eleccións = [[Eleccións municipais en Begonte]]
| galego ano = 2001
| totalgalego = 98,86
| web = [http://www.concellodebegonte.es www.concellodebegonte.es]
}}
'''Begonte''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca da Terra Chá]]. Segundo o [[IGE]] a súa poboación no [[2012]] era de 3.322 habitantes <small>(3.413 no [[2010]], 3.587 no [[2006]], 3.616 no [[2005]], 3.682 no [[2004]], 3.684 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|begontino}}.
 
{{Hab info|6.541|6.335|6.963|4.753|3.682|||3.322}}
 
{| {{Táboabonita}}
|-----
| '''Censo Total'''
| 3.413
|-----
| '''Menores de 15 anos'''
| 233 (6,83%)
|-----
| '''Entre 15 e 64 anos'''
| 2.022 (59,24%)
|-----
| '''Maiores de 65 anos'''
| 1.158 (33,93%)
|}
 
==Xeografía==
O Concello de Begonte está formado por 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación. Atópase ao oeste da provincia de Lugo, a 19 km da capital. Ten unha extensión de 125,4 km², e limita con [[Guitiriz]], [[Vilalba]], [[Cospeito]], [[Rábade]], [[Outeiro de Rei]] e [[Friol]]. Pertence ó partido xudicial de Vilalba.
 
A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal (735 m), e Monterredondo e Pena Cha (600 m).
 
Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial dos ríos [[río Parga|Parga]] e [[río Ladra|Ladra]], pasan a autovía [[A-6]] e o ferrocarril Palencia-A Coruña. Así mesmo, pasa polo concello a autovía [[A-8]], que conecta [[Lugo]] co norte da península.
 
Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no [[río Miño]], xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do [[río Támoga]] co Miño forma a [[illa de San Roque]] no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do [[lagoa do Ollo|Ollo]] e [[lagoa de Riocaldo|Riocaldo]], ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
 
Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da [[Rede Natura 2000]], e así unha zona do seu territorio forma parte do [[Lugar de importancia comunitaria|LIC]] Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.
 
==Historia==
===Toponimia===
O nome de '''Begonte''' procede (pasando por unha [[disimilación]] respecto á [[acento prosódico|tónica]]) dun [[antropónimo]] [[suevos|xermánico]] na locución ''[villa(m)] Abogonti'' e está composto de ''abo'', "home", ''gunth'', "loita" e a terminación do [[xenitivo]] latino.
 
Segundo [[Manuel Vidán Torreira]], debe o seu nome aos lexionarios romanos da tribo dos ''Vocontii'', da conca do [[río Ródano]]. Aparece mencionado o ano [[666]] na Itación de [[Vamba|Wamba]] como ''Pogonti'', nuns documentos de [[966]] e [[971]] aparece con ''Boconti'', e en [[1137]] e [[1187]] aparece documentado como ''Bogunti''. Segundo [[Nicandro Ares Vázquez]], ''Vocontii'' pode tamén significar "Vinte" ou "Os vinte", que podería corresponder aos aproximadamente vinte quilómetros de distancia á capital lucense.
 
===Asentamentos===
Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao [[-3500|3500 a. C.]]), así como da ocupación romana. Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-[[fortaleza de Baamonde]] e o [[castelo de Saavedra]], onde fixo noite [[Vermudo II]] cando veu conquistar o [[castelo de Aguiar]], e onde ditou sentenza familiar [[Afonso V o Nobre|Afonso V]]. Os [[irmandiños]] intentaron tomalo, pero foron derrotados.
 
Begonte foi un lugar de paso cara a Castela, sendo inaugurada a estrada Madrid - A Coruña en 1773, substituíndo o antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a [[camiño do Norte|vía do Norte]] do [[camiño de Santiago]].
 
A comezos do [[século XIX]] os franceses invadiron a comarca, quedando os topónimos de [[Francés, Carral, Begonte|Francés]] na parroquia de [[Carral, Begonte|Carral]].
 
O ferrocarril chegou en 1885. Malia que xa en 1874 se solicitara un apeadoiro, non tivo estación de ferrocarril até xuño de 1941.
 
O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde [[Ramón Losada y Montenegro]]. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) independizouse como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.
 
==Galería de imaxes==
{{AP|Galería de imaxes de Begonte}}
 
<Gallery>
Ficheiro:Casa Museo de Víctor Corral.jpg|Casa Museo de Víctor Corral
Ficheiro:Begonte 01-04c.JPG|"Rapaza labrega" (Víctor Corral)
</Gallery>
 
==Lugares de Begonte==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Begonte vexa: [[Lugares de Begonte]].
 
==Parroquias==
{{Begonte}}
 
==Notas==
{{referencias}}
 
==Véxase tamén==
{{commonscat}}
 
{{ConcellosTerraChá}}
{{Lugo}}
 
[[Categoría:Begonte]]
[[Categoría:Topónimos con etimoloxía]]