Diferenzas entre revisións de «Galleta»

m
[[Ficheiro:Pink-Frosted-Donut.jpg|thumb|Biscoito con crama de [[amorodo]].]]
 
As galletas foron posteriormente a base alimenticia das tripulacións na época dos descubrimentos, especialmente dos portugueses. Consistía nun pan de fariña triga, de forma achatada, cocido no forno dúas, tres ou máis veces, de xeito que se asegurase a durabilidade das súas cualidades alimenticias durante moito tempo, deberían ser moi duras. Chegou a ser tal a procura de biscoitos para aprovisionar as armadas dos navíos que houbo a necesidade de importalos de [[España]]. O padre [[Raphael Bluteau]] na súa obra''Vocabulário português e latino'', chámalle mesmo''pão do mar'' ou ''pão namor''. En 1498, a ración de biscoito, por cada tripulante era de 28 ''arráteis'' por mes (o ''[[arrátel]]'' equivale a 459 gramos) o que dá un pouco máis de 12 quilos, isto é, 428 gramos por día. Na India, para substituir o trigo, facíase unha masa de “[[sagu]]”, substancia farinácea extraída da parte central dalgunhas [[Palmeira (botánica)|palmeiras]] e que podía conservarse até vinte anos.<ref>{{citeweb|url=[http://www.merriam-webster.com/dictionary/biscuit|title=Biscuit|publisher=[[Merriam-Webster]]|accessdate=14 de xaneiro de 2010}}]</ref>
 
O termo tradicional do alimento tanto no galego coma no portugués é biscoito, termo que se segue a usar en portugues para se referir a un tipo de galleta máis esponxosa ou tridimensional. O termo actual galego galleta vén do [[Lingua francesa|francés]] ''galette'' (pastel)<ref>[http://lema.rae.es/drae/?val=galleta Etimoloxía da palabra castelá ''galleta'' no dicionario da [[RAE]].]</ref>.
21.448

edicións