Laurence Olivier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 37:
A [[Segunda Guerra Mundial]] interrompe esta ascendente traxectoria e lévalle a intervir en diferentes películas de propaganda bélica, o documental ''Os conquistadores do aire'' dos irmáns Korda, a obra de ficción ''Lady Hamilton'' ou ''Os invasores'' de Michael Powell. En 1946 dirixe ''Henrique IV'', persoal visión da traxedia de Shakespeare e pola que consegue varios [[Premios Óscar|Óscar]]. O seu éxito axúdalle a dirixir e protagonizar ''[[Hamlet]]'' un novo éxito que lle fai gañar o León de Ouro no Festival de Venecia, o Óscar á mellor película e ao mellor actor. Nos anos 50 dirixe o Old Vic Theatre e dedica o seu tempo ao teatro, aínda que volve a Hollywood para protagonizar ''Carrie'' de William Wyler e para terminar a súa triloxía shakesperiana con ''Ricardo III'', que non logra o éxito das anteriores.
 
No sesenta dirixe a England's National Theatre Company e pecha a súa carreira como director con ''O príncipe e a corista'', unha comedia con [[Marilyn Monroe]] como protagonista e el como partenaire ; e ''Tres irmás'', unha adaptación do clásico de [[Anton Chekhov]]. Ademais intervén como actor en películas entre as que destacan ''Espartaco'', onde dá vida ao cónsul Craso e é dirixido por [[Stanley Kubrick]]; ''O animador'', de Tony Richardson; ''As sandalias do pescador'', con [[Anthony Quinn]] ou ''O rapto de Bunny Lake'', de [[Otto Preminger]]. Tras conseguir todo tipo de honras e ser un mito do teatro británico, nos anos setenta e oitenta limítase a facer papeis secundarios en películas de renome como ''[[A pegada]]'', na que ten un enorme duelo interpretativo con [[Michael Caine]], ''Marathon Man'' de [[John Schlesinger]] ou ''Os nenos do Brasil'' de [[Franklin J. Schaffner]], inquietante película sobre o doutor [[nazismo|nazi]] [[Joseph Mengele]] (interpretado por [[Gregory Peck]]), no que interpreta a un cazanazis retirado (inspirado na figura de [[Simon Wiesenthal]]).
 
{{ORDENAR:Olivier, Laurence}}