Gran Lago do Escravo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
https://es.wikipedia.org/wiki/Gran_Lago_del_Esclavo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2014 ás 08:28

O Gran ou Grande Lago do Escravo ou dos Escravos (inglés: 'Great Slave Lake'; francés: 'Grand Lac des Esclaves') é un dos grandes lagos do Canadá, o segundo maior nos Territorios do Noroeste (despois do Gran Lago do Oso), e forma parte da cunca do río Mackenzie. A súa profundidade máxima é de 614 m,[1] o que o converte no lago máis profundo de Norteamérica. Atópase na desemboca do río do Escravo. Ten 480 km de longo e de 19 a 109 km de largo e unha superficie de 28.930 km²,[1] similar á de Albania, que o converten por superficie no décimo maior lago no mundo. O seu volume é 2.090 km³.

O seu nome deriva de ser a rexión dos «Slavey», un grupo dene das First Nations, que significa «escravo» ou «estranxeiro».

As principais localidades na redonda do lago son: Yellowknife, Fort Providence, Hay River e Fort Resolution. A única comunidade no Brazo do Leste é Lutselk'e, unha aldea dunhas 350 persoas, en gran parte chipewyan, aborixes da nación dene.

Notas

  1. 1,0 1,1 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.