Diferenzas entre revisións de «Sociedade Deportiva Compostela»

sen resumo de edición
==SD Compostela "B"==
Fundado en 1948, o club compostelán '''Vista Alegre SD''' converteuse no equipo filial da SD Compostela en 1990, e tras integrarse na estrutura do club en 1996 e mudar o seu nome para o de '''SD Compostela "B"''' en 1997, foi durante varios anos un dos equipos punteiros da [[Terceira división española|Terceira División galega]], chegando a gañala até en tres ocasións, mais sen éxito nas tres fases de ascenso a [[Segunda División B]] disputadas. Desapareceu no verán de 2004 tras un meritorio sétimo posto acadado na súa derradeira campaña na [[Terceira división española|Terceira]], a [[Terceira división española 2003/04|2003/04]], debido á precaria situación económica que atravesaba o equipo matriz, que nese mesmo verán acumulou ao descenso deportivo de [[Segunda División B]] a [[Terceira división española|Terceira]], outro administrativo por impagamentos de [[Terceira división española|Terceira]] a [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]].<ref>http://areferegional.wikispaces.com/S.D.+Compostela+B</ref><ref>http://www.elcorreogallego.es/deportes/futbol/ecg/hoy-vuelve-a-santa-isabel-el-historico-vista-alegre/idEdicion-2009-08-30/idNoticia-462595/</ref>
 
Desde entón a SD Compostela non conta con equipo filial.
Desde a tempada 2014/2015 o '''CF Ponte-Camporrapado''', de [[Camporrapado, Oural, Boqueixón|Camporrapado]], no concello de [[Boqueixón]], é o novo filial da SD Compostela.
 
'''Principal palmarés:'''
Usuario anónimo