Diferenzas entre revisións de «Sociedade Deportiva Compostela»

sen resumo de edición
m (Desfixéronse as edicións de 84.79.11.14 (conversa); cambiado á última versión feita por 193.144.81.195)
|}
 
== UniformeEscudo e uniforme ==
O escudo da SD Compostela segue a ser o mesmo desde a fundación do club e os únicos cambios producidos, en 1980, 1994 e 2012 constituíron simples actualizacións do deseño orixinal. Ten forma de triángulo isóscele invertido, cos dous lados iguais a describir unha leve curva e, desde 1980, por riba da base do triángulo aparece dentro dun rectángulo a palabra COMPOSTELA. No interior, separados por unha liña diagonal que vai da esquina superior esquerda a máis ou menos a metade do lateral dereito do escudo, aparecen as dúas cores do club: a azul (á dereita da diagonal) e a branca (á esquerda), situándose sobre elas a [[Cruz de Santiago]]. Finalmente, a ambos lados da cruz e sobre a parte azul do escudo, aparecen en branco as letras S e D. Os bordos do escudo, así como a palabra Compostela, son de cor dourada.<ref>http://lafutbolteca.com/tag/escudo-futbol-sd-compostela/</ref><ref>http://lafutbolteca.com/sociedad-deportiva-compostela/</ref>
 
*'''Uniforme titular''': Camiseta branquiazul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
*'''Uniforme alternativo''': Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
Usuario anónimo