Ludwig Wittgenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Ludwig Wittgenstein" é un artigo bo; cambios estética
m →‎Biografía: Philosophiae Naturalis Principia Mathematica
Liña 20:
 
== Biografía ==
Fillo dun próspero industrial do aceiro. Na casa paterna criouse xunto cos seus sete irmáns, nun ambiente rico en estímulos culturais e artísticos. Ludwig empezou estudos de enxeñería na universidade de [[Berlín]] e continuounos en [[Manchester]], dedicándose á investigación [[aeronáutica]] durante varios anos. Pero despois de ler os ''[[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica|Principia Mathematica]]'', de [[Bertrand Russell]], os seus intereses pasaron da [[aeronáutica]] e a [[aerodinámica]] aos problemas da fundamentación das matemáticas e posteriormente á [[lóxica]] e á [[filosofía]]. A partir de [[1912]] seguiu os seus estudos en Cambridge baixo a dirección de [[Bertrand Russell]] e empezou a ocuparse intensivamente da investigación filosófica. Para poder concentrarse mellor nos seus estudos, marchou a vivir en soidade a [[Noruega]]. Alí sorprendeuno o estoupido da [[Primeira Guerra Mundial]] e Wittgenstein alistouse no [[exército]] austro-húngaro. Isto non lle impediu seguir coas súas [[reflexións filosóficas]], que foi apuntando nunha serie de cadernos, de modo que, ó final da guerra, cando caeu prisioneiro dos italianos, tiña o manuscrito do seu ''[[Tractatus Logico-Philosophicus]]'' practicamente acabado. Esta obra foi publicada no ano [[1921]] en alemán e, un ano despois, en versión bilingüe inglés-alemán.
 
Tras repartir boa parte da substanciosa herdanza paterna entre as súas irmás e un grupo de [[artistas intelectuais]], Wittgenstein levou unha vida austera e retirada, primeiro como mestre de escola en [[Austria]] e despois como xardineiro nun convento de [[Viena]] entre os anos [[1920]] e [[1929]]. Neste último ano, Wittgenstein volveu os seus intereses filosóficos e decidiu volver aos seus estudos en Cambridge, onde foi nomeado [[catedrático]] no ano [[1937]], cargo que ocupou ata [[1947]], con excepción dun breve período no que exerceu como enfermeiro voluntario durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Nacionalizado inglés en 1938, Wittgenstein morreu de [[cancro]] en Cambridge no ano 1951. Nos últimos anos da súa vida redactou as ''[[Investigacións filosóficas]]'', que serían publicadas postumamente en [[1953]].