San Cristovo das Viñas, A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 17:
'''San Cristovo das Viñas''' é unha parroquia que se localiza na parte central oeste do concello da [[A Coruña|Coruña]]. Segundo o padrón municipal ([[Instituto Nacional de Estatística|INE]] [[2013]]) conta cunha poboación de 5.193 habitantes (2.493 homes e 2.700 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en 228 habitantes en relación ao ano anterior.
 
Moitos núcleos de poboación históricos da parroquía (Os Mallos, A Sardiñeira, Vioño, O Ventorrillo, Outeiro, etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña a efectos de [[nomenclátor]], non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela. Tamén acontece isto mesmo co Polígono de Elviña –cuxa maior parte se atopa na parroquia de San Cristovo e non na de [[Elviña, A Coruña|Elviña]], a pesar de que o seu nome indique o contrario–.
 
A parroquia de San Cristovo das Viñas pertenceu ao antigo concello de [[Oza]] ata [[1912]], data na que o devandito foi anexionado polo concello da [[A Coruña|Coruña]].