Mikołaj Torosowicz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
==Traxectoria==
Naceu en Lviv nunha familia [[Igrexa Apostólica Armenia|apostólica armenia]]. Naquel momento, os armenios de Galicia estaban baixo xurisdición eclesiástica do patriarca da [[Santa Sé de Echmiadzin]], en [[Armenia]], daquela baixo dominio [[Imperio Persa|persa]].
 
Con vocación relixiosa, foi enviado polos seus pais a [[Estambul]].<ref name="EP388"/> Foi [[orde sacerdotal|ordenado sacerdote]] en [[1626]] en [[Estambul]], e en [[1627]] nomeado [[bispo]] de [[diocese apostólica armenia de Lviv|Lviv]] da [[Igrexa Apostólica Armenia]].
 
EnO [[24 de outubro]] de [[1630]] fixo unha profesión de fe nunha cerimonia na igrexa dos [[carmelitas descalzos]] o [[24 de outubro]], e entrou xunto coa súa diocese en comuñón coa [[Igrexa Católica]]. A unión foi confirmada pola [[Santa Sé]] o [[8 de novembro]], e Torosowicz converteuse no primeiro [[arquieparquía católica armenia de Lviv|arcebispo católico armenio de Lviv]].
 
En [[1635]] Torosowicz fixo unha nova confesión de fe ante o papa [[Urbano VIII, papa|Urbano VIII]] en Roma, e foi nomeado metropolitano de Lviv, con xurisdición sobre todos os armenios de [[Polonia]], [[Moldavia]] e [[Valaquia]]. Foi tamén quen levou aos [[teatinos]] a [[Lviv]].