Viveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 110:
A '''[[Porta Maior de Viveiro|Porta Maior]]''', '''[[Porta de Carlos V]]''' ou '''[[Porta de Carlos V|Porta do Castelo]]''', foi construída no ano [[1548]] para honrar o rei cando pasou por Viveiro. É de estilo [[plateresco]] e foi declarada [[Monumento Nacional]] en [[1942]]. Unha inscrición sobre o arco indica que foi construída "Sendo [[correxedor]] o licenciado Canosa de Tordesillas"; a ambos os lados da porta ten os escudos da cidade; no [[corpo]] superior, un grande escudo do emperador Carlos I, co seu busto no [[frontón]] triangular. Dentro do arco, nunha furna, está a imaxe de [[Roque de Montpellier|San Roque]], do século XVIII, que estivo na fachada da casa do Correxedor até 1867.
 
As outras dúas portas aínda existentes son a '''[[Porta do Valado]]''', que conserva restos da primitiva muralla, e a '''[[Porta da Vila]]''', en cuxo arco se garda unha imaxe de [[Cristo]] do século XVIII entre outras dúas da [[Virxe María|Virxe]] e [[Xoán o Evanxelista|San Xoán]], do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.
 
A [[ponte da Misericordia]], ou '''Ponte Maior''', cruza a ría até [[Covas]]. Construíuse entre 1462 e 1544 e recebe o nome pola [[capela da Misericordia de Viveiro|capela da Misericordia]], construción [[renacentista]] (s. XVII) que se atopa no extremo sur. A ponte conserva dez arcos de pedra de cantería de medio punto, con luces de entre 6 e 7,8 m.