Porta de Carlos V: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Porta CarlosV 11103TM.jpg|dereita|miniatura|290px|Vista frontal da Porta.]]
A '''Porta de Carlos V'''<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6940&ctre=45 Nome principal que usan Turgalicia e o Concello de Viveiro]</ref>, tamén chamada '''Porta Maior''' ou '''Porta do Castelo da Ponte''' (polo seu aspecto de fortaleza) é unha das tres portas que se conservan da antiga [[muralla]] da vila de [[Viveiro]], na [[provincia de Lugo]], edificada en [[1548]] por obra de [[Pedro Pedroso]]. Realizouse en homenaxe a [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]] substituíndo a outra anterior do século XIII, que por mor da acción erosiva das mareas e dos avatares históricos se fora deteriorando<ref>[http://www.viveiro.es/carlosv.asp Información na Web do Concello de Viveiro]</ref>.
 
== Descrición ==
Liña 9:
* O emperador [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I de España e V de Alemaña]] concedera unha real cédula á vila de Viveiro para a eximir do pagamento de impostos durante un período de tres anos, tras sufrir un grave incendio de setembro de [[1540]].
* Aos poucos meses de iniciados os traballos, paralizouse a actividade construtiva, manténdose en estado de espera até que o [[24 de abril]] de [[1554]], o correxedor da localidade, [[Andrés Carasa de Tordesillas]], decidiu reanudar os traballos.
* A imaxe de San Roque substituíu áa da Virxe dos Desamparados porque se cre que foi este santo quen liberou a vila da [[peste bubónica]]<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6940&ctre=45 Información en Turgalicia]</ref>. A imaxe de San Roque estivo na fachada da casa do Correxedor até 1867.
* Malia ser reedificada con fins ornamentais e decorativos, foi empregada durante a [[Guerra de Independencia Española]] como punto de defensa fronte as tropas de [[Napoleón Bonaparte]]. O día [[18 de febreiro]] de [[1809]], Viveiro foi atacado por dous flancos ao mesmo tempo: pola desaparecida Porta de San Domingos, por forzas procedentes desde [[Mondoñedo]] e pola Porta de Carlos V, polas tropas que procedían de [[Ferrol]].
* Intentouse derrubar en dúas ocasións, a primeira no ano [[1856]], a petición do concello da vila, no século XX pensouse outrora no seu derrubamento, porén no ano 1942 foi declarada [[Monumento Nacional]]. Hoxe está declarada Monumento Histórico Artístico Nacional<ref>[http://www.viveiro.es/carlosv.asp Información na Web do Concello de Viveiro]</ref>.