Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Aquileia Basilica - Krypta Fresco Bischofsweihe Hermagoras.jpg|thumb|200px|[[Pedro, papa|San Pedro]] consagrando a [[Hermágoras de Aquilea|Hermágoras]] pola imposición das mans en presenza do [[Evanxeo|evanxelista]] [[Marcos o Evanxelista|Marcos]]. Basílica patriarcal de [[Aquilea]], [[Italia]].]]
 
Un '''bispo''' (do [[grego antigo|grego]] do [[Novo Testamento]] ἐπίσκοπος, ''epískopos'', "supervisor", "gardián") é un membro do [[clero|clero cristián]] que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das [[clero|igrexa]]s [[Igrexa Católica Romana|católica]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], [[Comuñón Anglicana|anglicana]] e [[Unión de Utrecht (igrexas)|veterocatólica]], así como na [[Igrexa Asiria Oriental]], os bispos pretenden ter [[sucesión apostólica]], é dicir, unha liña directa descendente dos [[Doce Apóstolos]]. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o [[Orde sacerdotal|sacerdocio]] no seu máximo grao, é dicir, o '''episcopado''', e quen poden ordenar [[sacerdotes]] e bispos. Algunhas igrexas [[protestantismo|protestantes]] e [[metodistas]] teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.
 
O termo ''epískopos'' non estaba nos comezos do [[cristianismo]] claramente diferenciado do termo ''[[presbítero|presbýteros]]'' ("ancián", hoxe en día co significado de [[sacerdote]]), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de [[Ignacio de Antioquía]] (finado arredor de [[108]]), e as fontes de mediados do [[século II]] xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a [[reforma protestante]].
Liña 11:
[[Ficheiro:Template-Bishop.svg|thumb|right|100px|Forma básica do [[escudo heráldico]] dun bispo da Igrexa Católica.]]
 
Os bispos encárganse da dirección da igrexa na [[Igrexa Católica Romana]], na [[Igrexa Ortodoxa]], nas [[igrexas ortodoxas orientais]], na [[Comuñón Anglicana]], nas igrexas [[luteranismo|luteranas]] e noutras [[denominacións cristiás]] de raíz católica ou anglicana.
 
A función tradicional dos bispos é a de pastor dunha [[diocese]] (tamén chamada bispado, [[eparquía]] ou [[sede episcopal]]), e de servir por tanto como bispo diocesano (ou eparca, no caso das igrexas orientais). As dioceses varían considerablemente en tamaño e poboación. Ademais dos bispos diocesanos, moitas igrexas teñen unha estrutura de liderado, con diferentes graos de autoridade e responsabilidade.
Liña 27:
*[[Bispo metropolitano]]: É un arcebispo a cargo dunha [[provincia eclesiástica]], ou grupo de dioceses, ademais de ter xurisdición sobre a súa propia arquidiocese. Ás veces o metropolitano é tamén o líder dalgunha [[igrexa autocéfala]] cando o seu número de fieis é reducido. Na [[Igrexa Católica de rito latino]], os metropolitanos son sempre arcebispos.
 
*[[Arcebispo]]: Un arcebispo é o bispo dunha [[arquidiocese]], normalmente unha diocese particularmente importante na historia da igrexa. Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] o título é puramente honorífico e non implica xurisdición extra. En moitas provincias da [[Comuñón Anglicana]], porén, un arcebispo ten o poder dun primado.
 
[[Ficheiro:Archbishop William Temple.jpg|thumb|[[Arcebispo de Canterbury|Arcebispo]] [[William Temple (arcebispo)|William Temple]].]]
 
*[[Bispo sufragáneo]]: Un bispo sufragáneo é un bispo subordinado a un Metropolitano. Na [[Igrexa Católica Romana]] este termo é empregado para todos os bispos non metropolitanos (é dicir, todos aqueles de dioceses dunha provincia dun metropolitano, e aos [[bispo auxiliar|bispos auxiliares]]). Na [[Comuñón Anglicana]] o termo emprégase para un bispo que axuda a tempo completo a un bispo diocesano: o [[bispo de Warwick]], por exemplo, é sufragáneo do de [[Bispo de Coventry|Coventry]], aínda que os dous viven en [[Coventry]]. Algúns deles reciben responsabilidade dun área dentro da diocese (por exemplo, o bispo de Stepney atende dita área dentro da [[diocese de Londres]].
 
*[[Bispo titular]]: é un bispo sen diocese. É cabeza dunha [[sede titular]], normalmente unha antiga cidade que tiña bispo, pero que por unha razón ou outra xa non ten. A miúdo, os bispos titulares exercen de bispos auxiliares. No [[Patriarcado Ecuménico de Constantinopla]] os bispos de dioceses modernas reciben a miúdo unha sede titular xunto coa diocese moderna (por exemplo, o arcebispo de [[Thyateira]] e [[Gran Bretaña]]).
Liña 46:
[[File:Confirmation VanderWeyden.png|esquerda|miniatura|Bispo administrando o [[sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Confirmación (sacramento)|Confirmación.]], por [[Rogier van der Weyden]].]]
 
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], na [[Igrexa Ortodoxa]] e na [[Comuñón Anglicana]], só os bispos poden ordenar bispos, [[sacerdote]]s e [[diácono]]s.
 
Na tradición litúrxica oriental, un sacerdote só pode celebrar a [[Divina Liturxia]] coa bendición dun bispo. Na tradición bizantina, colócase un ''[[antimension]]'' asinado polo bispo no altar como lembranza de que dito altar está baixo a súa autoridade. Na tradición da Igrexa Siríaca colócase un bloque consagrado de madeira chamado ''[[thabilitho]]'' polas mesmas razóns.
 
O [[Papa]], ademais de ser o bispo da [[diocese de Roma]] e xefe espiritual da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], é tamén o Patriarca da [[Igrexa Latina]]. Todos os bispos deste rito responden directamente ante el, e non ante outros bispos, agás ante un metropolitano nalgún caso. Anteriormente, o Papa empregaba o título de ''Patriarca de Occidente'', pero este título foi abandonado en 2006<ref>[http://www.aciprensa.com/noticias/benedicto-xvi-renuncia-al-titulo-de-patriarca-de-occidente/ 1 de marzo de 2006]</ref>, o que causou preocupación na Comuñón Ortodoxa por implicar, para eles, unha xurisdición papal máis ampla.
 
Nas [[catedral|catedrais]] destas igrexas existe unha cadeira (''[[cátedra]]'') especial para uso exclusivo do bispo da diocese, polo común chamada "[[Trono (monarquía)|trono]]". Nalgunhas denominacións cristianas, como na Comuñón Anglicana, as igrexas parroquiais tamén teñen unha cadeira reservada para o bispo no caso de visita, como forma de simbolizar a unión da parroquia co bispo.
 
O bispo é o ministro ordinario do [[sacramentos da Igrexa Católica|sacramento]] de [[confirmación]] na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] de [[rito latinoLatina]], e na Comuñón Anglicana e nas igrexas veterocatólicas tan só un bispo pode administrar este sacramento. Porén, nos ritos orientais, a [[crismación]] realízase e seguido ao [[bautismo]], e por tanto o sacerdote é quen confirma, empregando un crisma bendecido polo bispo.
 
==Notas==
{{referenciasListaref}}
 
[[Categoría:Cristianismo]]