Terremoto de Lisboa de 1755: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 80.39.173.45 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm |
Sen resumo de edición |
||
Liña 7:
== O terremoto ==
O terremoto tivo lugar na mañá do 1 de novembro, o [[día de Todos os Santos]] para os [[Igrexa Católica
[[Ficheiro:Convento do Carmo ruins in Lisbon.jpg|miniatura|esquerda|220px|Ruínas do Convento do Carmo en Lisboa]]
Dunha poboación lisboeta de 275.000 habitantes, ata 90.000 resultaron mortos. Outros 10.000 morreron en [[Marrocos]]. O 85% dos edificios de Lisboa resultaron destruídos, incluíndo pazos e famosas bibliotecas, así como a maioría dos exemplos da arquitectura [[estilo manuelino|manuelina]], distintiva do século XVI portugués. Varios edificios que sufriran poucos danos a causa do terremoto foron destruídos posteriormente polo lume. O recentemente estreado teatro da ópera (inaugurado soamente seis meses antes), resultou destruído polo lume ata os seus alicerces. O Palacio Real, situado xunto ao río Texo onde hoxe se atopa o ''[[Terreiro do Paço]]'', foi destruído polos efectos sucesivos do terremoto e o tsunami, do mesmo xeito que o Teatro Real do Paço dá Ribeira, situado fronte ao pazo. Dentro deste, a biblioteca real que constaba duns 70.000 volumes, así como de centenares de obras de arte, incluíndo pinturas de [[Tiziano]], [[Rubens]] e [[Correggio]], resultou destruída.
|