Diferenzas entre revisións de «Pedro, papa»

sen resumo de edición
}}
 
'''Simón''' ([[hebreo]]: שמעון , "Ximon"), chamado tamén '''Pedro''' ou Cefas, nado en [[Betsaida]], e falecido en [[Roma]] en [[67]], foi segundo a tradición [[cristianismo|cristiá]] un dos doce [[apóstolo]]s, discípulos de [[Xesús de Nazaret]], a quen deixou encargado de dirixir o resto da súa Igrexa. Foi o primeiro [[patriarca de Antioquía]] e [[bispo de Roma]] e o primeiro [[papa]] da [[Igrexa Católica Romana]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Lalín, Santiso, San Román 01-09.JPG|miniatura|250px|San Pedro (San Román de Santiso, Lalín).]]
 
Na honra a Pedro, os [[PapasPapa]]s da Igrexa Católica Romana]] levan un anel coa imaxe do santo botando as redes ao mar, chamado o [[anel do Pescador]].
 
No pasaxe do Evanxeo de Mateu en que Xesús nomea a Pedro base da Igrexa, o evanxelista engade que recibirá as chaves do Ceo e da terra<ref>Novo Testamento. Mateu 16</ref>. Esta é probablemente a base da representación habitual de Pedro na iconografía como portador dun par de [[chave (pechadura)|chaves]], que constan tamén na [[Escudo de Cidade do Vaticano - Civitas Vaticana|heráldica vaticana]].
 
A representación convencional de Pedro amósao xa ancián, portando as chaves. Entre os seus atributos cóntanse tamén o barco (pola súa profesión), o libro e o galo (pola súa traizón). Ocasionalmente revísteselle dos atributos do seu cargo bispal ou papal, se ben as tradicións relativas a estes non se fixaron ata moito máis tarde. As escenas do seu martirio preséntano polo xeral cabeza abaixo.
70.771

edicións