Aleixo III Anxo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
En compensación por este crime, e para asegurarse no seu posto como emperador, Aleixo tivo que repartir diñeiro con tanta liberalidade que chegou a baleirar o tesouro imperial, e concedeu tantos permisos aos oficiais do exército que case deixa indefenso o Imperio. Así consumou a ruína financeira do Estado. A capaz e activa emperatriz [[Eufrosina Ducas Camaterina]] intentou en balde manter o seu crédito e a súa corte; pero Vatatzes, o instrumento favorito dos seus intentos de reforma, foi asasinado por orde do propio emperador.
 
Polo leste, o Imperio estaba sendo invadido polos [[Selxúcidas|turcos selxúcidas]]; polo norte, os [[Bulgaria|búlgaros]] e os [[Valaquia|valacos]] baixaban sen oposición a saquear as chairas de Macedonia e Tracia; mentres tanto, Aleixo malgastaba o tesouro público nos seus palacios e xardíns. Pronto vería chegar ao ameaza dun novo e máis temible perigo. En [[1202]] os príncipes occidentais que participaban na [[Cruzadas#Cuarta Cruzada|Cuarta Cruzada]] congregáronse en [[Venecia]] dispostos a iniciar unha nova cruzada. Aleixo, o fillo do deposto Isaac, escapara de [[Constantinopla]] e pediu axuda aos cruzados, prometéndolles, a cambio do seu apoio para destronar ao seu tío, o fin do [[Gran Cisma|cisma]] entre o [[Igrexa ortodoxaOrtodoxa|Leste grego]] e o [[Igrexa Católica Romana|Oeste latino]].
 
Os cruzados, que ata entón tiveran [[Exipto]] como obxectivo, decidiron cambiar a súa ruta e dirixirse a Constantinopla, ante a cal apareceron en xuño de [[1203]]. Proclamaron emperador a Aleixo, como [[Aleixo IV Anxo|Aleixo IV]] tras convocaren aos cidadáns para que depuxesen ao seu tío. Aleixo III, atafegado, non tomou ningunha medida para resistir. O seu xenro, [[Teodoro I Láscaris|Teodoro Láscaris]], que foi o único que intentou resistir, foi derrotado en [[Scutari]], e así deu comezo o sitio de Constantinopla. O [[17 de xullo]], os cruzados, liderados polo ancián [[Dogo de Venecia]] [[Enrico Dandolo]], escalaron as murallas e tomaron a cidade, saqueándoa. Durante a loita e carnicería que seguiu, Aleixo escondeuse no palacio, para, finalmente, cunha das súas fillas, Irene, e todos os tesouros que puido recompilar, fuxir nun bote e escapar a [[Develton]] en Tracia, deixando á súa muller, as súas demais fillas e o seu Imperio aos invasores. Isaac, sacado da súa prisión e investido de novo coa púrpura imperial, recibiu ao seu fillo Aleixo IV.