Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sen resumo de edición
Liña 33:
O Imperio Romano de Occidente, mesmo unido pola lingua latina, aínda englobaba un gran número de culturas diferentes que foran asimiladas dunha maneira incompleta pola cultura romana. Debilitado polas migracións e invasións das chamadas [[Baixo Imperio romano|invasións bárbaras]], pola desintegración política de Roma no [[século V]] e illado do resto do mundo pola expansión do [[Islam]] no [[século VII]], o occidente Europeo chegou a ser pouco máis que unha colcha de retallos de poboacións rurais e pobos seminómadas. A inestabilidade política e o declinar da vida urbana golpearon duramente a vida cultural do continente.
 
A [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], como única institución que non se desintegrou neste proceso, mantivo o que restou de forza intelectual, especialmente a través da [[Mosteiro|vida monástica]].<ref>Pierre Riché, ''Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century'', Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 100–29.</ref>
 
A educación dos leigos sobreviviu modestamente en [[Italia]], [[España]], e no sur da [[Galia]], onde a influencia romana foi máis duradeira. No [[século VII]], a instrución comeza a emerxer en [[Irlanda]] e noutras terras [[Celtas|célticas]], nas que o latín era unha linguaxe estranxeira, e os textos latinos foron estudados e ensinados con afán.<ref>Pierre Riché, ''Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century'', Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 307–23.</ref>
Liña 273:
'''[[Robert Grosseteste]]''' (1168-1253), [[bispo]] de [[Lincoln]], foi a figura central do movemento intelectual [[Inglaterra|inglés]] na primeira metade do [[século XIII]] e está considerado como o fundador do pensamento científico en [[Oxford]]. Tiña grande interese polo mundo natural e escribiu textos sobre temas como a astronomía, a xeometría e a óptica. Afirmaba que os experimentos deberían ser usados para verificar unha teoría, verificando as súas consecuencias; tamén foi relevante o seu traballo experimental na área da [[óptica]]. [[Roger Bacon]] foi un de seus alumnos máis coñecidos.
 
'''[[Alberte o Magno]]''' (1193-1280), o ''Doutor Universal'', foi o principal representante da tradición filosófica dos dominicos. Alén diso, é un dos trinta e tres [[Catolicismo|santos]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] que teñen o título de [[Igrexa Católica Romana|Doutor da Igrexa]]. Fíxose famoso polo seu vasto coñecemento e pola súa defensa da coexistencia pacífica da ciencia e a relixión. Alberte foi esencial en introducir a ciencia grega e árabe nas universidades medievais, pero nunca deixou de dubidar de Aristóteles. Nunha das súas frases famosas, afirmou: ''a ciencia non consiste en ratificar o que outros dixeron, senón en buscar as causas dos fenómenos''. [[Tomé de Aquino]] foi seu alumno.
<center><gallery>
Ficheiro:Bishop Robert Grosseteste, 1896 (crop).jpg|[[Robert Grosseteste]]
Liña 283:
'''[[Roger Bacon]]''' (1214-1294), o ''Doutor Admirábel'', ingresou na [[Orde dos Franciscanos]] contra [[1240]], onde, influído por Grosdeteste, dedicouse a estudos nos cales introduciu a observación da natureza e a experimentación como fundamentos do coñecemento natural. Bacon propagou o concepto de "[[leis da natureza]]" e contribuíu con estudos en áreas como a [[mecánica]], a [[xeografía]] e principalmente a [[óptica]]. As investifacións en óptica de Groseteste e Bacon posibilitaron o inicio da fabricación de [[anteollos]], no [[século XII]]. No futuro, estes coñecementos serían imprescindíbeis para a invención de instrumentos como o [[telescopio]] e o [[microscopio]].
 
'''[[Tomé de Aquino]]''' (1227-1274), tamén coñecido como o ''Doutor Anxélico'', foi un frade dominico e teólogo italiano. Tal cal o seu profesor [[Alberte Magno]], é [[santo]] [[Igrexa Católica Romana|católico]] e [[Doutor da Igrexa|doutor desta mesma Igrexa]]. Os seus intereses non se restrinxían á [[filosofía]]; interesouse tamén polo estudo da [[alquimia]], e publicou unha importante obra alquímica chamada ''Aurora Consurxens''. Non obstante, a verdadeira contribución de San Tomé á ciencia do período foi a de ser o maior responsábel da integración definitiva do [[Aristóteles|aristotelismo]] na tradición [[escolástica (filosofía)|escolástica]].
 
'''[[Duns Scoto]]''' (1266-1308), o ''Doutor Sutil'', foi membro da Orde franciscana, [[Filosofía|filósofo]] e [[Teoloxía|teólogo]]. Formado no ambiente académico da [[Universidade de Oxford]], onde ainda perduraba a aura de Robert Grosseteste e Roger Bacon, tivo unha posición alternativa á de [[Tomé de Aquino]] no enfoque da relación entre a [[razón]] e a [[Fe (relixión)|fe]]. Para Escoto, as verdades da fe non poderían ser comprendidas pola razón. A filosofía, así, debería deixar de ser unha serva da teoloxía e adquirir autonomía. Duns Escoto foi o mentor doutro gran nome da filosofía medieval, [[Guillerme de Occam]].