Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
* As traducións [[Protestantismo|protestantes]] están baseadas na numeración hebrea;
* As traducións da [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxia oriental]] se basean na numeración grega;
* Os textos [[Liturxia|litúrxicos]] oficiais dos [[Igrexa Católica Romana|católicos]] seguen a numeración grega, pero traducións modernas a miúdo usan a hebrea, engadindo algunhas veces, entre parénteses, a numeración grega.
 
A maioría dos manuscritos da Biblia dos Setenta tamén inclúen un [[Salmo 151]], presente nas traducións ortodoxas; unha versión hebrea foi atopada no "Pergamiño dos Salmos" nos [[Manuscritos do Mar Morto]]. Ese pergamiño presenta os Salmos nunha orde diferente de calquera outra, á parte de poemas e himnos non canónicos.
[[Ficheiro:Psałterz florianski1.jpg|miniatura|250px|Salterio de San Floriano]]
[[Ficheiro:Cantoria Della Robbia OPA Florence 9.jpg|dereita|miniatura| Nenos cantando e tocando música, ilustración do Salmo 150 (Laudate Dominum).]]
Algunhas referencias do Novo Testamento mostran que os cristiáns primitivos usaban os Salmos nos rezos e permaneceron como parte importante do culto en todas as Igrexas cristiás. As igrexas [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa]], [[Igrexa Católica Romana|Católica]] e [[IgrexaComuñón Anglicana|Anglicana]] sempre usaron sistematicamente os Salmos, cun ciclo de recitación de todos eles ou dunha grande parte no curso dunha ou varias semanas. Nos primeiros séculos da Igrexa, esperábase que calquera candidato a bispo puidese recitar todo o Salterio de memoria, algo que aprendían normalmente case automaticamente durante o monacato. Hoxe en día aínda se producen novas traducións e arranxos de Salmos. Moitas denominacións conservadoras só cantan Salmos (algunhas parroquias tamén cantan o pequeno número de himnos que se atopan na Biblia)durante o culto, e non aceptan o uso de himnos non bíblicos; algúns exemplos son a [[Igrexa Presbiteriana Reformada de América do Norte]], a [[Igrexa Presbiteriana de Westminster nos Estados Unidos]] e s [[Igrexa Libre de Escocia]].
 
Algúns Salmos están entre as máis coñecidas e preferidas das pasaxes das Escrituras, cunha popularidade que se estende máis aló dos practicantes habituais. En particular, o Salmo número 23 ("O Señor é o meu Pastor", o 22º na numeración grega) ofrécenos unha mensaxe de seguridade e é escollido moitas veces nos servizos [[funeral|fúnebres]], tanto como lectura como dentro dunha serie de himnos; o Salmo 50/51 (o ''Miserere'', pola súa primeira palabra na versión latina) é de lonxe o máis recitado na ortodoxia, na [[Liturxia divina]] nas ''Horas'', no sacramento de penitencia ou confesión e noutros casos. O Salmo 102/103 ("¡Bendi, alma miña, ao Señor, e todo o meu ser ao seu santo nome!") é unha das oracións de loubanza máis coñecidas. O Salmo 136/137 ("By the rivers of Babylon, there we sat down and wept", como unha coñecida canción de [[Bonny M]]) é unha meditación taciturna, aínda que finalmente triumfante, sobre a vida na [[escravitude]]; a Igrexa ortodoxa usa frecuentemente este himno na Coresma. En música pop, a canción de [[U2]] [["40" (canción)|"40"]] está baseada no Salmo 40 ("Pacientemente esperei ao Señor, e inclinouse cara a min, e ouvíu o meu clamor.")
 
=== Uso ortodoxo ===
Os cristiáns [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]] e [[Igrexa Católica Romana|católicos]] que seguen o [[rito bizantino]] levan moito tempo considerando os Salmos como parte integral das súas oracións privadas e de grupo. Para facilitar a súa lectura, os 150 Salmos están divididos en 20 ''cacismata'' (do grego: καθισματα, en eslavo: каѳисмы, ''cafismi''), e cada ''cacisma'' (do grego: καθισμα, en eslavo: каѳисма, ''cafisma'') estaba subdividido en tres ''staseis'' (do grego: στασεις, sing. στασις, ''stasis'').
 
Nas [[vésperas]] e nos [[maitíns]] lense diferentes cacismata en diferentes datas do ano litúrxico e variando cada día da semana, segundo o calendario da Igrexa, de tal xeito que todos os 150 Salmos (20 cacismata) se len no transcurso dunha semana. no século XX, algúns cristiáns laicos adoptaron a lectura continua dos Salmos os días de semana (de luns a venres), salmodiando o libro enteiro en catro semanas, tres veces ao día, un cacisma cada día.
 
=== Uso católico ===
Os Salmos sempre foron parte da [[liturxia]] [[Igrexa Católica Romana|católica]]. A [[Liturxia das Horas]] (horas canónicas) está centrada no canto ou recitación dos Salmos, usando fórmulas melódicas fixadas coñecidas como [[tons de recitación]]. Os primeiros católicos usaban os Salmos amplamente nas súas oracións individuais, aínda así, ao tempo que o coñecemento do latín (a lingua do [[rito latino]]) minguaba, esta práctica cesaba entre os analfabetos. Con todo, ata a fin da Idade Media sábese que o pobo laico cantaba no Pequeno Oficio da Benaventurada Virxe María, que era unha versión acortada da [[Liturxia das Horas]] que proporcionaba un ciclo diario fixo de vinte e cinco Salmos para ser recitados e outros nove divididos en maitíns.
 
O traballo do Bispo Challoner en intentar proporcionar material de devoción en inglés significaba que moitos dos Salmos eran familiares para os católicos angloparlantes dende o século XVIII en adiante. Challoner traducíu todo o Oficio da Nosa Señora ao inglés, así como as Vésperas do domingo e as Completas diarias. Tamén proporcionou outros Salmos individuais como os 129 e 130 para o rezo dos seus libros devocionais. Challoner tamén é famoso pola revisión da Biblia de Rheims de Douai, e as traducións que el usou nos seus libros devocionais saíron dese traballo.
67.947

edicións