Plateresco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
En calquera caso o Plateresco, considerado ou non como estilo e exclusivamente español ou por outra banda [[Europa|europeo]], representa a transición entre os estilos [[Gótico tardío|gótico]] e [[Renacemento|renacentista]].
 
== Características ==
==== Plateresco español ====
Foron típicas as fachadas-[[retablo]], realizadas como se de coidadosas obras de [[ourivaría]] se tratase, prolificamente decoradas. A decoración, se ben obtivo diversas inspiracións, foi fundamentalmente vexetal, aínda que tamén tivo profusión de medallóns, elementos heráldicos e figuracións animais, entre outros. Prodúcese tamén unha riqueza nos materiais: chapras douradas en [[cristaría]]s e coroamentos, vasos, etc. Ao concluír o primeiro terzo do [[século XVI]] olláronse maiores [[policromía]]s e aparecen cristarías de base histórica e as [[balaustrada]]s, ademais dunha decoración máis prolixa.<ref>Quesada Marco, Sebastián; ''Diccionario de civilización y cultura españolas'', p. 64. Ed. Akal ([[1997]]). ISBN 978-84-7090-305-2.</ref>
 
A extensión da decoración por todas as superficies arquitectónicas redunda na creación de novas superficies e subespazos, fundamentalmente decorativos do lugar onde se achan, que á súa vez se ornamentan profusamente, tales como [[fornela]]s, [[nicho]]s e [[edícula]]s.<ref name="avila">Ávila, Ana; ''Imágenes y símbolos en la arquitectura pintada española (1470-1560)'', pp 80-83. Ed. Anthropos ([[1993]]). ISBN 978-84-7658-417-0.</ref>
 
Así mesmo foron incluíndose progresivamente elementos italianos como enfeite: [[almofadado]]s, [[capitel|chapiteis]] clásicos, [[arco de medio punto|arcos romanos]] e especialmente [[grutesco]]s.<ref>Amorós, Andrés, e Camarero, Manuel; ''Antología comentada de la literatura española: historia y textos: siglo XVI'', p. 183. Ed. Castalia ([[2006]]). ISBN 978-84-9740-125-8.</ref>
 
A decoración empregada tiña significados concretos, non podéndose ler tan só descritivamente. Así, os loureiros, os motivos bélicos e a abundancia de cornos colocábanse nas vivendas de militares destacados. Polo mesmo a escenificación de fábulas gregas e romanas abstraía ideais humanistas, co que a lóxica decorativa se convertía nun medio para expresar e difundir ideas renacentistas.<ref name="avila" />
 
Tamén se implementaron e preferiron certos aspectos espaciais. Deste xeito construíronse escaleiras caustrais de caixa aberta.<ref>Marías, Fernando; ''El siglo XVU: Gótico y Renacimiento'', p. 163. Ed. Silex Ediciones ([[1992]]). ISBN 978-84-7737-037-6.</ref> No entanto, apenas houbo modificacións espaciais respecto do gótico.
 
==== Plateresco americano ====
Nas [[América]]s, especialmente no actual [[México]], certas culturas autóctonas estaban en fases artísticas que poden considerarse barrocas cando os españois levaron con eles o Plateresco. Este mesturouse simbioticamente coas tradicións locais, de xeito que a [[arquitectura gótica]] non chegou ás [[América]]s propiamente ditas, senón a través dun Plateresco que axiña mudou primeiro coas influencias indíxenas e despois coas africanas, evoluíndo no que se deu en chamar un ''Barroco americano''.<ref>[[Alejo Carpentier|Carpentier, Alejo]]; Márquez Rodríguez, Alexis; e García Carranza, Araceli; ''Los pasos recobrados: ensayos de teoría y crítica literaria'', p. 37. Ed. Fundación Biblioteca Ayacuch ([[2003]]). ISBN 978-980-276-354-2.</ref>
 
== Exemplos ==