Longobardos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Sen resumo de edición
Liña 34:
Contra Bizancio, os longobardos conquistan de primeiras as posesións meridionais que se converten nos ducados de [[Ducado de Spoleto|Spoleto]] e de [[Ducado de Benevento|Benevento]] en [[570]] e [[571]]. Despois dunha tímida tentativa de reconquista imperial levada a cabo en [[590]], os longobardos toman logo [[Xénova]] (baixo Rotario, en [[650]]). O [[exarcado de Rávena]] (enclave bizantino constituído arredor da última capital do [[Imperio de Occidente]]), comunmente chamado ''Romania'', segue a escapar ao seu control ata [[751]] e este, malia varias tentativas de parte destes últimos. Canto Venecia e a Nápoles, escapan ao xugo longobardo.
 
Nos séculos [[século VII|VII]] e [[século VIII|VIII]], as relacións dos longobardos coa [[Igrexa Católica Romana|Igrexa romana]] e, durante un período máis curto, coa aristocracia romana, son pésimas.
 
Roma, en principio oficialmente vinculada ao exarcado de Rávena e Bizancio, ve como o poder do papa é substituído polo dun emperador alonxado e incapaz de intervir sobre a sorte dos seus súbditos peninsulares, mentres que a primacía da sé apostólica romana se afirma cada vez máis sobre os outros bispos da península.