Emperador, emperatriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Kaiser" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{outroshomónimos|Emperador, Valencia|para=o concello valenciano}}
'''Emperador''' é un título político orixinado no [[Imperio Romano]]. Malia que con frecuencia se chame ''emperadores'' aos líderes de certos grandes [[imperio]]s, por asociación con estes, o certo é que os comunmente chamados Emperadores deda [[China]] oou do [[Xapón]] non o son no sentido estrito, porque o título se asocia cun certo continuísmo (ás veces moi de lonxe) coa cultura latina da que emana.
 
== Historia ==
Liña 11:
Unha vez derrubado o Imperio Romano de Occidente, o [[Imperio Bizantino]] considerouse continuador da tradición romana, malia que abandonou a cultura latina pola antiga cultura helénica que dear orixe a aquela. Os emperadores bizantinos fixéronse chamar co termo grego ''[[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|basileus]]'', que significa [[rei]]. Non obstante, no ámbito oriental comezou a cobrar forza tamén o título de [[Tsar]], derivado do nome latino [[César (título)|César]], e que se aplicou despois ao Tsar de [[Bulgaria]], para ser tomado no seu momento polos Tsares do [[Imperio Ruso]], unha vez caída [[Constantinopla]] en mans dos [[otománs]].
 
En Occidente non houbo Emperadores desde o ano [[476]], pero a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa de Roma]] se consideraba continuadora do Imperio, no campo espiritual. Inicialmente os papas romanos recoñeceron aos emperadores bizantinos como continuadores da tradición imperial romana, pero as crecentes desavinzas entre ambos (fundamentalmente porque os papas tiveron moitas veces que se defenderen coas súas propias armas de invasores estranxeiros, sen recibiren axuda dos bizantinos que supostamente debían protexelos) fixeron que o [[Papa]] volvese a mirada cara o crecente poder político dos [[francos]]. De esta maneira os Papas chamaron a [[Pipino o Breve]] na súa axuda, entronizándoo como rei dos francos en recompensa. O seu fillo [[Carlomagno]] foi coroado [[Emperador de Occidente]] o ano [[800]] en Roma, nun xesto do Papa [[León III, Papa|León III]]; oficialmente sostense que por agradecemento ante a súa intervención durante unha revolta en Roma, pero é posíbel que fora motivado polo crecente acercamento entre Carlomagno e [[Irene]], á sazón emperatriz de Bizancio, o que ía en contra dos seus intereses. No ano [[812]], o emperador bizantino [[Miguel I Rangabé]] recoñeceu a Carlomagno como emperador de Occidente a través dun tratado firmado en Aquisgrán, malia que esta aceptación foi feble, xa que Bizancio consideraba que a nova realeza xermana non tiña lazo xurídico ningún co Imperio Romano, mentres que o Imperio Bizantino si que era (no papel, polo menos) sucesor legal deste, en Oriente.
 
Despois de que os netos de Carlomagno se repartiron o seu imperio no [[Tratado de Verdún]] ([[843]]), houbo varios reis que con maior ou menor fortuna intentaron facerse recoñecer como Emperadores, tratando de forzar ao Papa mediante o envío de expedicións militares a [[Italia]]. Finalmente o ano [[962]] o rei xermano [[Odón o Grande]] conseguiu ser coroado lexítimo Emperador de Occidente, o que o proclamaba como herdeiro de Carlomagno, fundándose así o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Os seus sucesores conservarían o título ata o ano [[1806]], malia que o propio Sacro Imperio Romano Xermánico foi practicamente desmantelado en [[1648]], despois do [[Tratado de Westfalia]].