Orde de Cluny: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m nova clave para a Categoría:Ordes relixiosas católicas: "Cluny" mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Cluny Gala Arts et Metiers exterieur 01.jpg|miniatura|dereita|200px|Abadía de Cluny]]
A '''Orde de Cluny''' é unha orde bieita da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] que se creou o [[11 de setembro]] de [[909]], despois de que [[Guillerme I de Aquitania]] doara a vila de [[Cluny]] ao papado para fundar un [[abadía de Cluny|mosteiro]] de doce freires; segundo a carta de fundación eran eles os que debían elixir ao [[abade]].
 
En Cluny adoptouse a regra de [[Bieito de Nursia|San Bieito]], reformada por [[Bieito de Aniane]], que buscaba a observancia dunha vida espiritual intensa de cada monxe individual e que daba moita importancia á liturxia. Berno foi o primeiro abade, e á súa morte no ano 927 substituiuno Odón e o prestixio da abadía esténdese por outros mosteiros franceses que adoptan a súa regra.