Espiroquetas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34:
[[Ficheiro:Spirochete Cross Section.png|miniatura|dereita|Sección dunha espiroqueta mostrando a súa envoltura e os flaxelos.]]
 
As '''espiroquetas''' ('''''Spirochaetes''''') son un [[filos bacterianos|filo]] de [[bacteria Gram-negativa|bacterias Gram-negativa]]s que teñen células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como a [[sífilis]] ou a [[enfermidade de Lyme]]. <ref name=Sherris>{{cita libro | autor= Ryan KJ; Ray CG (editors) | título= Sherris Medical Microbiology | edición= 4th ed. | editorial= McGraw Hill | ano= 2004 | id= ISBN 0-8385-8529-9 }}</ref>
 
==Características==
Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 µm <ref name=Brock>M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). Páxinas 432-435. 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.</ref>. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado ''cilindro protoplásmico''. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.
 
Spirochaetes distínguese dos demais [[filos bacterianos]] pola posesión duns [[Flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelos]] especializados denominados ''filamentos axiais'', que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no [[espazo periplásmico]]). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un sacarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada estremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula. <ref name=Brock/>
 
A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de [[ágar-ágar|ágar]].
Liña 48:
 
==Exemplos==
O [[filo]] Sprirochaetes divídese en tres [[familia (bioloxía)|familia]]s (Leptospiraceae, Spirochaetaceae e Brachyspiraceae), todas incluídas nun único [[orde (bioloxía)|orde]], '''Spirochaetales'''. Membros importantes deste filo son:
 
*''[[Leptospira]]'' (ver ''[[Leptospira interrogans|L. interrogans]]''), que causa [[leptospirose]] ou [[enfermidade de Weil]], que pode causar insuficiencia renal e morte.<ref name=McBride_2005>{{cita publicación|autor=McBride A, Athanazio D, Reis M, Ko A |título=Leptospirosis |revista=Curr Opin Infect Dis |volume=18 |número=5 |páxinas=376-86 |ano=2005 |pmid=16148523}}</ref>