Tove Jansson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
máis, da wikipedia en inglés
Sernostri (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
=== Munintroll ===
A orixe dos munintroll está nun carácter que Tove utilizaba como sinatura canda o seu nome nas súas colaboracións en ''Garm'', e que recibía o nome de Snork ou Niisku <ref name=biografiakeskus/>, era delgado e feo, cun nariz longo e estreito e un rabo coma o dun demo. Segundo relata Jansson na súa autobiografía o deseño procedía da súa mocidade, logo de perder un debate filosófico sobre [[Immanuel Kant]] cun seu irmán, pintou a criatura máis fea que puido imaxinar na parede da latrina da súa casa escribindo baixo dela "Kant". O nome vénlle de Einar Hammarsten, tío sueco de Tove, co que vivía cando estaba en Estocolmo coa súa familia e que para que ela non roubase a comida contáballe que uns seres chamados "moomintroll" vivían na alacena da cociña mesmo botando o aire frío da súa respiración no pescozo da xente.<ref name=biografiakeskus/>. Posteriormente debuxou máis figuras deste estilo, gañando máis peso e adquirindo un feitío máis agradable, e en 1945 publicou o libro ''Småtrollen och den stora översvämningen'', xa protagonizado polos moomintroll.
 
== Notas ==