Constitución española de 1812: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sen resumo de edición
Liña 34:
A Constitución de Cádiz non foi un acto revolucionario, nin mesmo unha ruptura co pasado. Desde a legalidade do momento, determinando coidadosamente quen eran os lexítimos representantes do pobo, todo foi obxecto de discusión e acordo. Comezaron os actos do día da abertura con procesión cívica, misa e unha exhortación, proferida polo Presidente da Rexencia, o [[bispo]] de [[Ourense]], aos deputados reunidos para que cumprisen fiel e eficientemente as súas obrigacións.
 
Cando Fernando VII foi restaurado no trono, en marzo de 1814, en consecuencia da derrota francesa na [[Guerra Peninsular]], foi obrigado a xurar que respectaría a Constitución. Con todo, encoraxado polas forzas conservadoras que dominaban a sociedade española, con especial importancia da xerarquía da [[Igrexa Católica Romana]], o [[4 de maio]] repudiou formalmente a Constitución de Cádiz e o [[10 de maio]] mandou prender os líderes liberais, xustificando a súa acción coa alegación de que as Cortes se reuniran na súa ausencia e sen a súa autorización. Con estes actos púxose termo á incipiente vixencia da Constitución e restabeleceuse a doutrina de que a autoridade soberana era unha prerrogativa persoal do rei, non requirindo lexitimación popular.
 
== Véxase tamén ==