Diferenzas entre revisións de «Roque de Montpellier»

sen resumo de edición
(→‎Véxase tamén: arranxiño)
Sem resumo de edição
Percorreu a [[península Itálica]] curando infectados pola [[peste]], e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do [[século XV]]. Desde [[Venecia]] propagouse o culto cara o mundo xermánico e os [[Países Baixos]]. En [[1477]], por mor doutra [[epidemia]] de peste, fundouse en Venecia unha [[Confraría relixiosa|confraría]] baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en [[París]], preto do museo do [[Louvre]], ordenada edificar por [[Luís XIV]] en [[1563]]. Actualmente a súa devoción esténdese por toda [[Europa]] e [[Latinoamérica]].
 
O santoral da [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]] celebra o seu día o [[16 de agosto]]. Santo protector ante a [[peste]] e [[epidemia]]s, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.
 
Represéntase vestido de [[peregrino]] (con bordón e [[cabaza]]), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o [[cólera]]), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.
71.502

edicións