Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "En_lembranza_dos_condenados_pola_Inquisición._Ribadavia._Galiza_.jpg" por "[[commons:File:En_lembranza_dos_condenados_pola_Inquisició...
Sen resumo de edición
Liña 34:
 
== Modo de actuación ==
A [[inquisición]], como unha corte relixiosa, era operada por autoridades da [[Igrexa Católica Romana|igrexaIgrexa]]. Pero se unha persoa fose considerada herexe, a punición era entregada ás autoridades seculares, pois "a igrexa non derramaba sangue". A [[tortura]] frecuentemente era usada como modo de penitencia. As punicións variaban da vergoña pública (obrigar o uso do ''sambenito'', unha roupa de penitente) ata ser queimado en praza pública. A morte polo garrote era usada para os arrepentidos. Esas punicións facíanse en cerimonias públicas, chamadas ''autos de fe''. Algunhas persoas acusaban outras por vinganza, ou para obter recompensas da Coroa. A propia Coroa Española beneficiábase, ao desapropiar os bens dos ''conversos''.
 
A Inquisición tamén foi usada contra os primeiros focos do [[protestantismo]], contra a diseminación das ideas de [[Erasmo de Rotterdam]], contra o [[Iluminismo]] e, no [[século XVIII]], contra o [[Enciclopedismo]]. A pesar das accións das outras inquisicións europeas contra a [[bruxaría]], as bruxas non eran o principal foco da inquisición española. As acusadas de bruxaría eran normalmente calificadas como loucas. Durante o goberno de [[Xosé I]] aboliuse a Inquisición, pero foi reinstalada cando [[Fernando VII de España]] subiu ao trono. O profesor Cayetano Ripoli, garroteado en Valencia en [[26 de xullo]] de [[1826]], foi a última persoa morta pola inquisición española. En [[15 de xullo]] de [[1834]] foi finalmente abolida.