Diferenzas entre revisións de «Nazismo»

sen resumo de edición
É claro que Hitler e os outros [[líder]]es nazis se utilizaron do [[simbolismo]] e emoción cristiás para propaganda xunto do público alemán, esmagadoramente cristián, mais continua a ser controvertido saber se Hitler se consideraba, ou non, cristián. Algúns autores sacristáns tentaron tipificar Hitler como [[ateísmo|ateo]] ou [[ocultismo|ocultista]] — ou mesmo un satanista — encanto que autores non-cristáns puxeron énfase na utilización externa da [[doutrina]] cristiá, sen dar importancia ao que podería ter sido a [[mitoloxía]] interna do partido. A existencia dun Ministerio de Asuntos da Igrexa, instituído en [[1935]] e liderado por [[Hanns Kerrl]], foi case ignorada por ideólogos como [[Alfred Rosenberg]] e por outros decisores políticos.
 
As relacións do Partido Nazi coa [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] son aínda máis polémicas. Moitos [[padre]]s e líderes católicos opuxéranse con vigor ao nazismo, dicindo que el era incompatible coa moral cristiá. Tal como aconteceu con moitos opositores políticos, moitos destes padres foron condenados aos [[campo de concentración|campos de concentración]] pola súa [[oposición]]. A pesar diso, a xerarquía da Igrexa, representada polo [[Papa Pio XII]] mantívose basicamente silenciosa, e as alegacións de complicidade papal son hoxe lugar-comun. Tamén existían líderes católicos pro-nazis, como o [[Bispo]] [[Alois Hudal]].
 
== Nazismo e fascismo ==
67.979

edicións