Sicilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 191:
A [[Familia (socioloxía)|familia]] forma parte do corazón da cultura siciliana dende fai moitas xeracións. Tódolos membros da familia a miúdo viven xuntos, permanecendo os fillos habitualmente en casa dos seus pais ata que casan, o que cada vez está a ocorrer máis tarde. As parellas de hoxe teñen menos fillos que antes, con todo, os bebés e os nenos son moi venerados na cultura siciliana e case sempre acompañan aos seus pais a eventos sociais.
 
As [[voda]]s sicilianas son luxosas, caras e tradicionais, normalmente celebradas na igrexa. A [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]] é un elemento importante na vida siciliana. Case tódolos lugares públicos están adornados con [[crucifixo]]s nas súas paredes, e a maioría dos fogares de Sicilia posúen imaxes de santos, estatuas e outras reliquias. Cada pobo e cidade ten o seu propio santo patrón, e os días de festa caracterízanse por vistosos desfiles polas rúas con bandas de música e queima de fogos de artificio.
 
A tradición oral xoga un papel importante no folclore siciliano. Moitas historias transmitidas de xeración en xeración implican a un personaxe coñecido "Giufà". As historias desta personaxe consisten en anécdotas da súa vida que tentan transmitir mensaxes morais.
 
== Sicilianos na historia ==
[[Ficheiro:Domenico-Fetti Archimedes 1620.jpg|miniatura|[[Arquimedes]]]]
[[Ficheiro:Giuseppe Piazzi.jpg|miniatura|[[Giuseppe Piazzi]]]]
 
Moita xente de especial importancia para a humanidade nace na illa de Sicilia, entre os que se poden destacar aos seguintes.
* [[Arquimedes]], destacado enxeñeiro, físico, matemático, inventor e astrónomo, coñecido por enunciar o [[Principio de Arquimedes]].
* [[Empédocles]], filósofo, médico, lexislador, profesor, e destacado defensor da democracia.
* [[Gorxias de Leontini]], filósofo discípulo de Empédocles.
* [[Giuseppe Piazzi]], astrónomo e sacerdote italiano, descubridor do [[planeta anano]] [[Ceres (planeta anano)|Ceres]].
* [[León II, papa|San León II]], [[papa]] da [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]] entre os anos [[682]] e [[683]].
* [[Julius Evola]], filósofo, soldado e activista político.
* [[Andrea Camilleri]], guionista, director teatral e televisivo e novelista.
* [[Antonello da Mesina]], pintor considerado un dos precursores coa pintura ao óleo da actual Italia.
* [[Giorgio de Chirico]], pintor fundador do movemento artístico ''scuola metafisica''.
* [[Franco Battiato]], cantautor, compositor, cineasta e pintor.
* [[Alessandro Cagliostro]], aventureiro e ocultista.
* [[Bernardo Provenzano]], coñecido como ''Zio Binu'', foi o ''Capo di tutti i capi'', é dicir, o máximo dirixente da mafia siciliana, a Cosa Nostra.
 
Debido á forte inmigración cara [[América do Norte]] do pobo siciliano, moitos dos seus descendentes tamén destacaron alí en diferentes facetas, como por exemplo os seguintes.
* [[Al Pacino]], famoso actor.
* [[Bon Jovi|Jon Bon Jovi]], artista que formou o grupo de música co seu nome.
* [[Sonny Bono]], produtor discográfico, cantante, actor e político.
* [[Chick Corea]], pianista de [[jazz]].
* [[Cyndi Lauper]], cantante moi coñecida na década de [[1980]].
* [[Liza Minnelli]], cantante e actriz.
* [[Mario Puzo]], escritor coñecido pola súa obra ''[[O Padriño]]''.
* [[Martin Scorsese]], director, guionista e produtor de cinema.
* [[Frank Sinatra]], cantante alcumado como ''a voz''.
* [[Sylvester Stallone]], famoso actor.
* [[Frank Zappa]], cantante, guitarrista e compositor.
 
== Notas ==