Tetraciclina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 120:
 
==Aplicacións==
Utilízase moito como tratamento do [[acne]] e [[rosácea]] e foi historicamente importante no tratamento do [[cólera]]. É o tratamento de primeira liña para a [[febre das Montañas Rochosas]] (''Rickettsia''), [[febre Q]] (''[[Coxiella]]''), [[psittacose]] e [[linfogranuloma venéreo]] (''Chlamydia''), e para erradicar nas vías nasais o [[meningococo]]. A tetraciclina utilizaouse durante o estalido da peste na India en 1992.<ref>Lippincott's Illustrated Reviews: Pharmacology, 4th ed. Harvery RA, Champe, PC. Lippincott, Williams & Wilkins, 2009</ref>
 
Como a tetraciclina se absorbe nos ósos, utilízase como marcador do crecemento óseo en [[biopsia]]s humanas. O marcado con tetraciclina serve para determinar a cantidade de crecemento óseo nun certo período de tempo, xeralmente un período de aproximadamente 21 días. A tetraciclina que se incorpora no óso mineralizado pode detectarse pola súa [[fluorescencia]].<ref name=mayton>Mayton CA. [http://www.histosearch.com/histonet/Dec02/TetracyclinelabelingofbonA.html Tetracycline labeling of bone]</ref> Ao facer o ''dobre marcado con tetraciclina'', adminístrase unha segunda dose de 11 a 14 días despois da primeira, e a cantidade de óso formado durante ese interevalo pode calcularse medindo a distancia entre as dúas marcaxes fluorescentes.<ref>[http://pathology2.jhu.edu/bonelab/4cycline.htm The Johns Hopkins Medical Institutions. > Tetracycline Labeling] Last updated January 8, 2001.</ref>