Val de Aosta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Val de Aosta mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 63:
Inserta no [[Reino de Borgoña]] no 904, en 1032 convértese en condado baixo o mando de [[Umberto Biancamano]]. Dende entón o seu destino estivo ligado á dinastía dos [[Casa de Savoia|Savoia]], que no 1302 o convertería en ducado e lle concedeu ampla autonomía. Dadas as características naturais da rexión, a nobreza feudal sempre tivo un peso preponderante na súa historia política e social, sendo construídos numerosas fortalezas e castelos, que se converteron en importantes centros de vida política, económica e cultural, ademais de militar.
 
A [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]], presente con numerosos mosteiros, tivo notable influencia sobre a poboación do val, o que fixo que nos tempos da [[Revolución Francesa]] (no fin do [[século XVIII]]) e nas décadas posteriores fose un reduto das ideas máis tradicionais e reaccionarias. A partir da unificación de Italia ([[1861]]) o Val de Aosta tentou sempre conservar as tradicións propias e a especificidade lingüística e cultural.
 
O [[fascismo]] de [[Benito Mussolini]] tentou italianizar o Val de Aosta, suprimindo numerosas escolas locais, instaurando o uso exclusivo do italiano nos xuízos, suspendendo o ensino do francés, italianizando os topónimos e eliminando os xornais francófonos Le Duché d'Aoste, Le Pays d'Aoste, La Patrie valdôtaine e prohibindo o francés na prensa escrita.