Pipino o Breve: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Sen resumo de edición
Liña 25:
En novembro de [[751]], Pipino depón a Khilderico III e faise coroar no campo de maio en Soissons, sendo proclamado por unha asemblea de bispos, nobres e ''Leudes'' (grandes do reino). Esta elección conséguese, por unha vez, sen efusión de sangue. Khilderico III, tras ser deposto, é tonsurado (perde os seus longos cabelos, signo do poder entre os francos) e termina os seus días encerrado no mosteiro de Saint-Bertin, preto de [[Saint-Omer]].
 
Pero aínda que Pipino consiga o título de rei e o seu poder, este non lle pertence, e esta ruptura da dinastía merovinxia precisa dunha nova que deberá substituír a sucesión natural de pais a fillos. Esta continuidade queda asegurada pola [[consagración real]] seguida da unción, simbolizada no bautismo de [[Clodoveo I]] e a alianza particular entre a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e os reis francos. É en Soissons, onde o bispo Bonifacio, o seu conselleiro diplomático, o unxirá marcando a súa fronte co aceite santo —o Saint-Chrême— como xa se facía ao longo dunha cerimonia na que se consagraba aos reis [[visigodo]]s de [[Toledo]]. Por medio desta unción, o rei dos francos, a partir dese momento investido dunha misión de guía militar e relixiosa, detenta a forza moral do "dereito divino'', é dicir, de "dirixir os pobos que Deus lle confía"; pero esta lexitimidade ten un custo: o da fidelidade á Igrexa e a quen a dirixe, a Papa Zacarías que, desde [[Roma]], deu o seu consentimento para a mudanza de dinastía.
 
Pipino será consagrado por segunda vez, por Bonifacio, en decembro dese mesmo ano, en [[Maguncia]], como señor de Austrasia.