Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A dignidade sobrenatural do bautizado, concedida por pura graza, repousa sobre a dignidade natural do home, ao tempo que a sobarda infinitamente. Os [[Pais da Igrexa]] conciben a creación da humanidade como un todo único. Isto abre o cristianismo ao [[xudaísmo]] do que procede e ao [[Islam]], pois crer nun Deus único é crer nun Pai común, por iso o [[monoteísmo]] non debe ser senón fraternidade. A propia [[Vida Eterna]] é unha promesa de unidade que non anula senón que da vigor á diversidade.
 
Fronte a unha espiritualidade de evasión, inclinada ao individualismo en [[Platón]], [[Plotino]] e, en boa medida, no [[hinduísmo]] e o [[Budismo]], para de Lubac, o cristianismo constitúe un feito único na historia relixiosa da humanidade. O Ser Absoluto encárnase na materia creada, desenvólvese no tempo e abre para o home un destino transcendente e para a humanidade un destino común. A salvación tomará naturalmente a forma dunha historia real. Fronte ao eterno retorno das [[mitoloxía]]s, no cristianismo o círculo infernal estoura, os fenómenos cegos son agora acontecementos cunha dirección e o novo opera incesantemente. A diferenza das relixións mistéricas e gran parte da espiritualidade oriental, a ascensión e purificación individual de esfera en esfera é substituída por unha marcha colectiva de idade en idade. Este proceso histórico, por ser real, asume a fraxilidade material e moral da humanidade chamada á redención, da que é expresión, signo e anuncio a comunidade chamada [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]].
 
Dende [[Israel]], Deus actúa na historia e se revela pola historia dun pobo ínfimo fronte aos colosais imperios ([[Exipto]], [[Asiria]], [[Babilonia]]...). Xa en [[Xesús de Nazaret]] introdúcese na historia conferíndolle unha consagración relixiosa que obriga a tomala en serio. Así pois, os acontecementos están cargados de eternidade. Sendo irreversible a duración, nada ocorre máis ca unha soa vez, de sorte que todo acto adquire unha dignidade particular e única. Como prolongación da presenza de Cristo, a Igrexa non é un grupo selecto de xustos, un reduto exclusivo de salvación, senón o depósito dunha [[graza]] inmerecida ao servizo de toda a humanidade. Na orde espiritual, como afirma [[Ambrosio de Milán]] non se posúe máis que o que se da.
67.949

edicións