Teoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 94 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q34178
Sen resumo de edición
Liña 9:
O termo teoloxía, xa que logo, non é inicialmente de orixe cristiá . Só a través dun proceso progresivo imponse tanto en Oriente como en Occidente o uso cristián do termo “teoloxía”. Para [[Clemente de Alexandría]], indica o “coñecemento das cousas divinas”. Para [[Orixes]] expresa a “verdadeira doutrina sobre Deus e sobre Xesucristo como Salvador”. Corresponde a [[Eusebio de Cesarea]] o privilexio de aplicar por primeira vez o atributo ''theologos'' a [[Xoán o Evanxelista]], xa que no seu evanxeo escribiu unha “eminente doutrina sobre Deus”. A partir del, a teoloxía indicará a verdadeira doutrina, a cristiá, en oposición á falsa doutrina que ensinaban os pagáns e os herexes.
 
O termo teoloxía é unha palabra composta que, no seu significado literal, pode indicar un falar de Deus, ou ben un discurso sobre Deus. Se en termos xerais a teoloxía é unha reflexión sobre Deus (e neste sentido existe tamén unha teoloxía filosófica), no sentido máis corrente da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] é unha reflexión que intenta coñecer e comprender a fe a partir da razón. Así pois, a teoloxía presupón a fe como fundamento experiencial e intenta nela e a través dela o coñecemento e a comprensión da fe. Noutras palabras, é unha actividade intelectual, metódica e crítica que presupón a adhesión á fe católica. Para indicala sinteticamente, resúmese a miúdo á fórmula de [[Anselmo]]: ''[[“Fides quaerens intellectum”]]:'' (a teoloxía é a vontade da fe de comprender).
 
[[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]] tomou o concepto ''teoloxía natural'' (''theologia naturalis'') da grande obra «''Antiquitates rerum divinatum''», de [[M. Terencio Varrón]], como única teoloxía verdadeira de entre as tres presentadas por Varrón: a mítica, a política e a natural. Sobre esta, situou a ''teoloxía sobrenatural'' (''theologia supernaturalis''), baseada nos datos da revelación e xa que logo considerada superior. A ''teoloxía sobrenatural'', situada fose do campo de acción da Filosofía, non estaba por baixo, senón por encima desta, e considerábaa a súa serva, que a axudaría na comprensión de Deus.
Liña 17:
== A constitución do Saber Teolóxico ==
 
Na constitución do saber teolóxico poden indicarse o seu obxecto, as súas fontes e o seu lugar. O ''“[[obxecto]]”'' da teoloxía é [[Deus]] -de xeito directo-, e o [[Universo|mundo]] e o [[home]] á luz de Deus. As ''“[[fontes da teoloxía|fontes do coñecemento teolóxico]]”'' e os seus criterios de verdade son a [[razón]] humana e a [[revelación]] divina, de xeito privilexiado. O ''“lugar”'' da teoloxía é a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] como comunidade de fe .
 
De aquí derívase que a Igrexa ten que poder establecer de forma autorizada criterios para a reflexión teolóxica. Segundo a Igrexa católica, a investigación e o traballo teolóxico inscríbense dentro dun saber racional [por iso a teoloxía é ciencia] cuxo obxecto é dado pola revelación [é dicir, a Palabra de Deus] transmitida e interpretada pola Igrexa baixo a autoridade do Maxisterio [xa que é imposible evitar a mediación da Igrexa], e acollida pola fe [importancia do asentimento da comunidade].
Liña 34:
 
'''[[Eclesioloxía]]'''
Sobre o papel da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] mesma dentro do plan da Salvación divina.
 
'''[[Escatoloxía (relixión)|Escatoloxía]]'''