Ambrosio de Milán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
== Pastor e predicador ==
Entón repartiu os seus bens aos pobres e cedeu á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] ás súas terras. Encargou ao seu irmán [[San Sátiro|Sátiro]] a administración da diocese para dedicarse de cheo a labores pastorais e para centrarse no estudo da [[Biblia]] e de autores como [[Oríxenes]] e San [[Basilio o Grande]]. Vivía de xeito frugal e calquera fiel podía entrevistarse con el. Un deles será o dubitativo Santo [[Agostiño de Hipona]] a quen marcaría fondamente.
 
Ambrosio predicaba de maneira que impactaba no auditorio, ata o punto de que as nais impedían que as fillas acudisen a escoitalo por medo a que optaran pola virxindade. Tal era a alarma que chegou a acusárselle da despoboar Milán. El alegaba que non se podía citar un caso na súa diocese de home que quixera casarse que non atopara unha rapaza disposta e insistía que o perigo para a poboación era a guerra e a insolidariedade cos pobres. Para el a estima pola virxindade acrecía o valor do vida en parella.