Diferenzas entre revisións de «Henrique VIII de Inglaterra»

sen resumo de edición
m (Destacados e bos)
Unha dispensa do [[Xulio II, papa|Papa Xulio II]] era necesaria para autorizalo a casar coa viúva do seu irmán, [[Catarina de Aragón]], e isto foi obtido coa base da non-consumación. O casamento foi celebrado a [[11 de xuño]] de [[1509]] e resultou apenas nunha filla, a futura [[María I de Inglaterra]]. Henrique VIII chegou a escribir un pequeno libro titulado "Defensa dos Sete Sacramentos" que fixo para que [[León X]] lle outorgase o título de "Defensor da Fe"; no entanto, o desexo de lograr un herdeiro home, ben como a súa relación amorosa con [[Ana Bolena]], levarano a procurar a disolución do casamento con Catarina xunto do [[Vaticano]]. As súas tentativas non terán éxito porque o [[Clemente VII, papa|Papa Clemente VII]] estaba baixo presión do sobriño de Catarina, o emperador [[Carlos I de España|Carlos V]].
 
Frustrado coa ruptura das negociacións, Henrique VIII ignorou a lei canónica que lle impedía unirse a outra muller por estar xa casado, e casou con Ana Bolena a [[25 de xaneiro]] de [[1533]]. Esta actitude de afronta sen precedentes á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] valeulle a excomuñón, declarada por [[Clemente VII]] o 11 de xullo de 1533. No seguimento da excomuñón, Henrique decidiu a ruptura coa Igrexa Católica Romana, declarou a disolución dos mosteiros, tomando así moitas das pertenzas da Igrexa, e formou a [[Anglicanismo|Igrexa Anglicanade Inglaterra]] (Church of England), da cal se declarou líder. Esta decisión fíxose oficial co decreto da supremacía (Act of Supremacy) de [[1534]]. A recusa en xurar obediencia a este decreto levouno a condenar ao humanista [[Thomas MorusMore]], o seu antigo Lord Chanceler, a morte.
 
Durante o ano de 1513, [[Thomas Howard]], terceiro Duque de Norfolk, derrotou a tentativa de invasión de [[James IV de Escocia]] en Flodden durante a ausencia de Henrique VIII na guerra con Francia. A longa rivalidade de Henrique co rei [[Francisco I de Francia]] tornouse aínda máis seria pola cooperación entre Francia e Escocia, ambos países católicos nesta altura. Henrique e Francisco tíñanse encontrado na guerra 1520. A paz con Francia foi finalmente restablecida en 1546.
69.800

edicións