Diferenzas entre revisións de «Chozos do Suído»

m
Sem resumo de edição
 
== Recuperación e turismo ==
Gran parte dos chozos está hoxe en día abandonados, porén algúns teñen sidoforon restaurados polo concello de Avión. Existen diversas rutas de [[sendeirismo]] de diferentes dificultades pola serra do Suído para poder contemplar estas construcións, ademais un camiño liga todos os chozos existentes e varios camiños (algúns de laxes de pedra) que leva ás vilas achegadas, onde salienta o camiño comercial medieval do viño, o Camiño do Arrieiro, ruta que ia de Ribadavia a [[Santiago de Compostela]].
 
Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do [[Espiñeiro, Amiudal, Avión|Espiñeiro]], na parroquia da [[Amiudal, Avión|Amiudal]] cara á Hedreira. Existen tamén no lugar [[Foxo de lobo|foxos de lobo]]. O nacemento do [[río Avia]] está á altura dos chozos de Cernadas e San Xusto. Existe unha área de descanso á altura dos Chozos de Carixa e Rodeiro e unha gran fonte de pedra na Chan do Valdohome.