Karl Rahner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Karl Rahner by Letizia Mancino Cremer.jpg|miniatura|150 px|Karl Rahner]]
 
'''Karl Rahner''', nado en [[Friburgo, Alemaña|Friburgo]] en [[1904]] e falecido en [[1985]], foi un teólogo alemán, pertencente á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], inicialmente posto en cuestión por esta ata a súa plena rehabilitación e consideración como un dos grandes pensadores católicos de tódolos tempos. Xunto con [[Karl Barth]] e [[Hans Urs von Balthasar]], figura entre os grandes teólogos cristiáns do século XX.
 
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Cabada1.jpg|<small><center>Karl Rahner e [[Manuel Cabada Castro]]</center> <center>en [[Madrid]], en 1974.</center></small>|right|thumb|300px]]
Pertencente á [[Compañía de Xesús]], foi profesor de teoloxía dogmática en [[Innsbruck]] no ano 1948, e posteriormente nas universidades de [[Universidade de Múnic|Múnic]] e [[MunsterUniversidade de Münster|Münster]] onde tomou o relevo do gran teólogo [[Romano Guardini]]. Discípulo de [[Martin Heidegger]], asume o desafío de entender a esencia do cristianismo dende as interrogantes formuladas polo pensamento contemporáneo. Aberto á cultura moderna pretende retomar ás grandes verdades da fe cunha linguaxe contemporánea, pero non por isto menos complexa e profunda. Tivo un papel destacado no [[Concilio Vaticano II]] na posta ao día da mensaxe católica ao mundo. O seu recoñecemento por reexplicar os dogmas tradicionais á luz dos novos tempos, permitiulle expresarse criticamente cunha liberdade irredutible fronte ás eivas espirituais, sociais e institucionais dunha Igrexa á que sempre quixo servir e que tanto lle fixo sufrir.
 
Entre as súas obras, cómpre sinalar: ''Ointe da Palabra'' (1941); ''Visións e Profecías'' (1952); ''Liberdade na palabra na Igrexa'' (1953); ''Misión e Graza'' (1959); ''Cristoloxía'' (1972); ''Cambio estrutural da Igrexa'' (1973); ''Curso fundamental sobre a fe'' (1976) e obras de espiritualidade como ''Palabras ao silencio'' e ''Da necesidade e don da oración'' (1949).