Agnosticismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxando ligazóns a proxectos Wikimedia e aplicando enderezos URL de protocolo relativo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Os agnósticos poñen gran coidado, sen embargo, en non confundirse cos [[Ateísmo|ateos]], por unha parte, e os materialistas filosóficos, por outra, aínda que uns e outros rexeitan actitudes que se limitan a proclamarse puramente nescientes no referente á existencia espiritual. Os agnósticos non negan que tras os fenómenos cognósticos, sensoriais e volitivos exista un ente permanente ou [[alma]]; pero sosteñen que nada pode probarse ou desbotarse respecto á existencia da alma separada do corpo, a súa substancia ou permanencia. Admiten, así mesmo, que tras os fenómenos materiais do [[Universo]] pode existir un [[Deus]] ou Ser Universal; pero afirman a imposibilidade de determinar ou definir a natureza [[consciente]] e espiritual dese Ser. A todos eses problemas convén unha soa resposta: non sabemos nada nin nada nos induce a supoñer que cheguemos algún día a saber algo.
 
O agnóstico soeadoita diferenciar entre «coñecer» e «crer». Para el, unha persoa relixiosa distínguese de unha atea polo feito de que o relixioso «cre que Deus existe» e o ateo «cre que deus non existe». Así, o agnóstico apártase da postura de crenza indicando que uns e outros (relixiosos e ateos) «cren» na existencia ou inexistencia dunha entidade superior, mentres que el a «descoñece».
 
A historia, sen embargo, parece demostrar que gran parte do agnosticismo relixioso tende en último termo ao [[escepticismo]].