Serra do Suído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 22:
A media ladeira consérvanse fragas autóctonas de gran valor con [[carballo]]s, [[cerquiño]]s e [[bidueiro]]s, [[rascacú]]s, [[loureiro]]s, [[sobreira]]s e [[acivro]]s. Máis arriba, aparecen interesantes formacións herbosas, pasteiros, matogueiras, [[wikt:Bouza|poula]]s, [[Queiroa|queiruga]]s, [[Erica|uces]], [[piorno]]s e, sobre todo, toxo cuxas chumusas tinguen de amarelo os seus chans e as súas abas. Nas turbeiras encóntranse [[Brión (botánica)|brión]]s como o esfagno e tamén as curiosas orballiñas, diminutas plantas carnívoras que nas súas pegañentas follas atrapan pequenos insectos.
 
Existe unha gran riqueza floral: narciso[[amarelle]], paxariños[[paxariño]]s, [[xunca de algodón]], amerelle, [[dente de can]], [[abrótega]], [[xacinto bravo]], [[violeta]] e [[quitamerendas]] (ou [[tollemerendas]], ''[[Merendera bulbocodium]]''). Entre os mamíferos ademais da [[raposa]], a [[lontra]], o [[teixugo]], a [[xeneta]], o [[Xabaril|xabarín]] e o [[gato bravo]], salienta o dominio do [[lobo]]. Existe unha grande variedade de morcegos. A avifauna é dunha enorme variedade ([[miñato]]s, [[tartaraña]]s, [[falcón]]s, [[bubela]]s, [[merlo rubio]], [[lavandeira]]s, [[aguia albela]]...) chegando a encontrarse exemplares de [[aguia real]] e [[bufo real]]. Entre os réptiles débese citar o [[sapiño pinto]], a [[estroza]], a [[ra vermella]], a [[víbora de seoane]], o [[limpafontes]], a [[saramaganta]], a [[píntega]] ou a [[cobra de auga]].
 
Os parques eólicos supuxeron unha grave afección aos hábitats do Suído, malia ser un espazo natural que protexer segundo as normas subsidiarias e complementarias de planeamento de 1991.