Diferenzas entre revisións de «Historia de Kiev»

m
fixing dead links
m (fixing dead links)
No [[882]] (920 para algúns autores) os [[varegos]] conquistaron a posición establecendo nela a capital do seu dominio proveniente do norte ([[Novgorod]]). Nacía así o [[Rus de Kiev]] e con él o comezo dun organismo proto-urbano no lugar (duns centos de habitantes a uns miles en sete décadas).
 
A expansión do asentamento é inmediata e dispersa (polas características topográficas e a división social): noutro outeiro ao norte semella asentárse unha elite escandinava e na chaira á beira do río (o Podil) aparece o poboamento eslavo. O outeiro do primitivo poboado fortifícase e arrodéase dun foxo (aínda só unhas 2Ha). Nel aparecen as primeiras edificacións en pedra (un pazo principesco sinaladamente) <ref> ''Esquema do asentamento proto-urbano de Kiev (882-950): o centro principesco fortificado no surleste; ibídem nota 1, páx. 93 (358)''</ref><ref> ''Mapa esquemático da evolución urbana de Kiev; (1) primeiro centro fortificado do Rus co pazo do príncipe'' [httphttps://archive.is/20120715125412/ukrrus.ho.ua/map/Kyjiv3.jpg]</ref>.
 
==A Idade de Ouro da capital do principado==
Con [[Vladimiro I]] no final do [[século X]] e baseada na puxanza económica da ruta comercial entre o [[Báltico]] e [[Constantinopla]], Kiev comeza a época do seu esplendor coma principal cidade do medievo no leste europeo. O centro da vila no outeiro primitivo expándese considerablemente (a "''Cidade de Vladimiro''", 10Ha <ref> ''A Cidade de Vladimiro resaltada nunha recreación da urbe no s.XII'' [http://primetour.ua/files/Desyatinna2-6.jpg]</ref>) e arrodéase de novas murallas <ref> ''Esquema da extensión de Kiev entre finais do s.X e comezos do s.XI; ibídem nota 1, páx. 98 (361)''</ref>. Máis construcións en pedra e ladrillo son erixidas e, trala conversión ao [[cristianismo]] do gran príncipe no 986 (e con el a poboación en masa nas augas do Dniéper), unha gran igrexa de estilo bizantino, a da Dormición da Virxe (ou dos Décimos, 996 <ref> ''A Igrexa dos Dezmos de Kiev no contexto urbano do medievo: ao fondo, o Podil embaixo a carón do río'' [http://www.hai-nyzhnyk.in.ua/doc2/zobrazennya2/desyatyna.tserkva(1).jpg]</ref>), primeira dunha morea de templos e mosteiros nos séculos seguintes. Preto dela, dous edificios palacianos <ref> ''Plan de Kiev no século XIII; a cidade de Vladimiro do s.X no centro coa Igrexa dos Dezmos (1) e os pazos (2 e 3)'' [http://ukrmap.su/program2009/uh7/Maps/7_15.jpg]</ref>. Embaixo, xunto ao río, o Podil duplica a súa área con poboación inmigrada á florecente cidade. Así, dun complexo organismo fragmentado, froito dunha segregación étnica que foi diluíndose pola progresiva eslavización da elite escandinava, Kiev deviu unha urbe cun centro de poder monumental e fortificado arrodeado de asentamentos abertos, modelo das vilas do Rus e "nai das cidades rusas".
 
O cénit da capital e do principado acadouse co fillo de Vladimiro, [[Iaroslav I o Sabio]] (1019-1054). Fixo unha gran ampliación ao sur (a "''Cidade de Iaroslav''", 60ha <ref> ''Maqueta da Cidade de Iaroslav en Kiev (ao fondo a Cidade de Vladimir)'' [http://shkola.ua/web/uploads/book/70/images/zV1jpLj9.jpg]</ref>). Arrodeada de fortes murallas de seu (3,5km) con impresionantes portas (a principal a Porta de Ouro <ref> ''Ver nota 9: embaixo o recinto da Cidade de Iaroslav con Sta. Sofía (7) e a Porta de Ouro na punta sur.''</ref>) dispoñíase arredor da magnífica catedral de Santa Sofía (1040, de ascendencia bizantina pero ampliando o número de cruxías, fundacional da arquitectura rusa <ref> ''Reconstrución de Sta. Sofía de Kiev no século XI'' [http://faculty.risd.edu/evarshav/KievSophiaReconstrNovitsky.jpg]</ref><ref> ''Alzado do ábside de Sta. Sofía en 1040 e superposto o actual'' [http://www.russia-ukraine-travel.com/image-files/saint-sophia-cathedral-kiev2.jpg]</ref>) escoltada polas igrexas de Sta. Irene e S. Xurxo <ref> ''Ver nota 9: Sta. Irene (8) e San Xurxo (9)''</ref>, ademais de novos pazos e un mercado no extremo sur. Os sucesores de Iaroslav engadiron os apéndices do extremo nordeste, co complexo do mosteiro de San Miguel (1108 <ref> ''Ídem: a Igrexa de S. Miguel de 1108 (11) no recinto do mosteiro''</ref><ref> ''Vista do recinto do Mosteiro de S. Miguel coa igrexa de 1108 destacada; a esquerda as murallas da Cidade de Vladimiro'' [http://www.photoclub.com.ua/_/56149.jpeg?0]</ref>), e do noroeste (Копирів кінець), un dominio residencial fortificado dos príncipes xunto ao barrio xudeu na insegura segunda metade do [[século XII]] <ref> ''Vista da parte occidental de Kiev no século XII (dende o NE): embaixo á dereita, a Igrexa dos Dezmos (45) na Cidade de Vladimir; encima, a Cidade de Iaroslav con Sta. Sofía; á dereita, o barrio xudeu (77) e a espiña fortificada da residencia dos príncipes (76 a 78-79)'' [http://www.oldkyiv.org.ua/data/maps_display.php?source=12&lang=en]</ref>. O Podil embaixo continuou o seu desenvolvemento coma barrio comercial e artesanal dentro dun recinto xeral de fortificacións que chegaban ao río e fora de murallas, nas escarpadas beiras ao longo do Dniéper cara ao sur, foran aparecendo multitude de complexos monásticos (sinaladamente o Pecherska Lavra). O enteiro organismo urbano acadaba entre 350 e 500Ha albergando arredor de 70.000 habitantes (unha das maiores de [[Europa]] nese tempo <ref> ''Esquema en perspectiva do conxunto de Kiev no apoxeo do século XII'' [http://i12.tinypic.com/4hlwdc3.jpg]</ref><ref> ''Recreación do esplendor de Kiev dende o norte: as cidades de Vladimir e Iaroslav no alto; á esquerda embaixo o barrio do Podil arredor da praza do mercado (futura Praza dos Contratos ou Kontraktova Ploscha)'' [http://primetour.ua/~uploads/fck/80bis_thumb.jpg]</ref><ref> ''Esquema de Kiev no medievo cos mosteiros da beira do Dniéper'' [httphttps://archive.is/20120715041655/ukrrus.ho.ua/map/Kyjiv2.jpg]</ref>).
 
O declinar e debilidade do Rus foi precipitado polas loitas dinásticas no final do século XII e chegou o seu fin coa conquista, saqueo e destrución da metrópole polos [[mongois]] en [[1240]].
 
==Século XIX==
O gran incendio que destruíu o Podil en 1811 <ref> ''Mapa de Kiev antes do incendio do Podil cos tres conxuntos urbanos fundamentais: Cidade alta, mosteiros e Podil'' [httphttps://archive.is/20120709055826/i.io.ua/img_su/large/0012/04/00120425_n1.jpg?r=918467135]</ref> foi o motivo da primeira planificación urbana moderna en Kiev. Un novo Podil cun trazado reticular ordenado arredor da antiga Praza dos Contratos (''Kontraktova Ploscha'', a do mercado medieval <ref> ''Perspectiva da nova Praza dos Contratos (chamada así polo edificio homónimo, antiga praza do mercado medieval): o edificio do centro é un mercado erixido tralo incendio; a ábside pertence ao edificio da Universidade'' [http://www.interesniy.kiev.ua/storage/imglib/i/75217/ploshchad-pobedy/33975.jpg]</ref>) foi deseñado en 1812 polos arquitectos Geste e Melensky <ref> ''Mapa do Podil antes do incendio (Ushakov, 1695) e Plan do novo Podil de 1812'' [//upload.wikimedia.org/wikipedia/en/9/9e/Comparison_of_Podil_before_and_after_1811.PNG]</ref>, cun bulevar central que continuaba a antiga baixada da cidade alta <ref> ''Plan para o Podil superposto ao antigo trazado'' [http://www.oldkyiv.org.ua/data/maps_display.php?source=26&lang=en]</ref><ref> ''Outro plano do Podil reconstruído (mediados do XIX) [http://cdiak.archives.gov.ua/images/vystavky/v_200_pozhezha_na_Podoli/7.1434_1_1_10_karta.jpg]</ref>. Precisamente o barrio reconstruído terá un papel protagonista no renacemento da importancia de Kiev, desta vez coma centro industrial, ao longo do [[século XIX]] <ref> ''Vista do borde industrial do Podil e o porto no Dniéper, 1911'' [http://camrador.hall.org.ua/BY_PLACE/04-Podil/podil/naberezh_1_1911.jpg]</ref>.
 
Na segunda metade do século, tamén a cidade alta tivo o seu desenvolvemento burgués <ref> ''Mapa da área de Kiev (c. 1850) cos suburbios antes dos desenvolvementos da segunda metade do século'' [http://www.oldkyiv.org.ua/data/maps_display.php?source=17&lang=en]</ref>. Foi conformándose en torno a unha nova praza (da Independencia ou da Duma porque alí erixiuse o Concello; coñecida popularmente coma Maidan <ref> ''Vista do Maidan e a Khreschatyk coma foco irradiando cara a cidade de Iaroslav e Sta.Sofía nos comezos do seu desenvolvemento (1850)'' [http://archunion.com.ua/img/history_004/maydan_009.jpg]</ref><ref> ''A mesma vista en 1930 co edificio do concello ocupando a praza'' [http://archunion.com.ua/img/history_004/maydan_029.jpg]</ref>) no que era a porta de murallas cara aos mosteiros <ref> ''Planta do centro medieval de Kiev en 1864 antes dos desenvolvementos da metade do XIX (trazado en verde) e despois (en vermello craro); o Maidan á esquerda e tanxente pasaría a rúa Khreschatyk'' [http://www.oldkyiv.org.ua/data/maps_display.php?source=33&lang=en]</ref>. E no val do arroio que corría a carón apareceu a que devirá a rúa principal da cidade, Khreshchatyk <ref> ''O centro de Kiev (Maidan, Khreschatyk e Sta. Sofía-San Miguel) na planta dun dos proxectos de reconstrución trala IIGM'' [http://archunion.com.ua/img/history_004/maydan_039.jpg]</ref>. Os arrabaldes que apareceran ao sur da vila foron así unidos, no ''glacis'' do que fora o recinto de murallas (demolidas), por unha ampliación da urbe ata a estación do ferrocarril (1868) que por alí foi trazado <ref> ''Mapa de Kiev en 1882'' [http://www.oldkyiv.org.ua/data/maps_display.php?source=19&lang=en]</ref><ref> ''Mapa do centro de Kiev de 1911 cos desenvolvementos do final do XIX arredor da améndoa medieval ata a estación do ferrocarril'' [http://www.oldkyiv.org.ua/data/maps_display.php?source=20&lang=en]</ref><ref> ''Perspectiva debuxada do centro da cidade moderna co desenvolvemento burgués decimonónico'' [http://toursdekiev.com.ua/files/KievMap.jpg] </ref>.
1.424

edicións