Racismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
Foi durante a expansión española e portuguesa na [[América]] cando xurdiu a idea de procurar unha base ideolóxica, influenciada pola relixión, de que os "indios" non eran seres humanos. Estes eran animais e polo tanto era xustificada por [[Deus]] a súa explotación para o traballo, desta forma eran socialmente aceptados os suplicios a que eran sometidos. Esta crenza estendeuse logo á raza negra.
 
Os negros foron traídos para seren escravos debido ás dificultades da escravización dos amerindios. A [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]] era contraria a predación dos amerindios, pois quería catequizalos, así obterían novos adeptos á relixión católica. En contrapartida, a igrexa non se opuña á escravitude negra, pois considerábaa unha raza inferior (tanto que se chegou a pensar na época, que un fillo de branco cun negro sería estéril, igual que as mulas, e dese pensamento xurdiu a expresión mulato), considerábase nun comezo que os negros non tiñan [[alma]]s. Isto serviu para xustificar a motivación financeira, pois o tráfico negreiro foi unha importante fonte de renda no período [[colonia (política)|colonial]].
 
=== Orixes ===