Escorregamento bacteriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''escorregamento bacteriano''' é un proceso mediante o cal certas bacterias poden moverse reptando por si mesmas estando en contacto cunha superficie sólidas, pero sen utilizar [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelos]] (os cales son o mecanismo de movemento máis común entre as bacterias).<ref name="McBride">McBride, M. . (2001). "Bacterial gliding motility: multiple mechanisms for cell movement over surfaces". Annual review of microbiology 55: 49–75. doi:10.1146/annurev.micro.55.1.49. PMID 11544349.</ref> O mecanismo mediante o cal se realiza este movemento é descoñecido total ou parcialmente para moitas bacterias, e é probable que os distintos grupos bacteriano utilicen mecanismos diferentes para moverse escorregando. Este tipo de movemento é importante entre as [[cianobacterias]], [[mixobacterias]] e especies de ''[[Cytophaga]]'' e ''[[Flavobacterium]]''. Xeralmente son [[bacilo|bacilares]] ou filamentosas. O movemento é moito máis lento que o realizado con flaxelos.
 
A mobilidade por escorregamento permítelle á célula colonizar novos ambientes ou interaccionar con outras células, e mesmo, como no caso das mixobacterias, ter un comportamento social e cooperativo.<ref name=Brock> Madigan, M. T., Martinko, J. M., Parker, J. "Brock - Microbiología de los Microorganismos". 10ª edción. Páxinas 85-87. ISBN 84-205-3679-2.</ref>