Escorregamento bacteriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''escorregamento bacteriano''' é un proceso mediante o cal certas bacterias poden moverse por si mesmas estando en contacto cunha superficie sólidas, pero sen utilizar [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelos]], que é o mecanismo de movemento máis común entre as bacterias.<ref name="McBride">McBride, M. . (2001). "Bacterial gliding motility: multiple mechanisms for cell movement over surfaces". Annual review of microbiology 55: 49–75. doi:10.1146/annurev.micro.55.1.49. PMID 11544349.</ref> O mecanismo mediante o cal se realiza este movemento é descoñecido total ou parcialmente para moitas bacterias, e é probable que os distintos grupos bacteriano utilicen mecanismos diferentes para moverse escorregando. Este tipo de movemento é importante entre as [[cianobacterias]], [[mixobacterias]] e noespecies grupode ''[[cytophagaCytophaga]]-'' e ''[[flavobacteriaFlavobacterium]]s. Xeralmente son [[bacilo|bacilares]] ou filamentosas.
 
O único mecanismo coñecido implica o uso de [[pili de tipo IV]] en bacterias como ''[[Pseudomonas aeruginosa]]'' e ''[[Myxococcus xanthus]]''. Ademais, no caso da motilidade A de ''Myxococcus xanthus'' (un dos dous mecanismos de mobilidade que ten esta bacteria) propuxéronse outros dous mecanismos, un que implica a exección dunha mucilaxe de [[polisacárido]]s a partir de boquillas situadas a cada lado do corpo <ref>{{Citation
Liña 10:
}}</ref> e outro que utiliza "complexos de [[adhesión focal]]" distribuídos ao longo do corpo da célula.<ref name="Science1">Mignot, T.; Shaevitz, J.; Hartzell, P.; Zusman, D. (2007). "Evidence that focal adhesion complexes power bacterial gliding motility". Science 315 (5813): 853–856. Bibcode:2007Sci...315..853M. doi:10.1126/science.1137223. PMID 17289998.</ref>
 
Na mobilidade de mixobacterias por complexos de adhesión focal, fórmanse complexos de adhesión transitoria que permanecen en posicións fixas relativas ao substrato mentras a célula se move cara adiante. Os complexos ensámblanse no extremo anterior da célula e dispérsanse no extremo posterior. Cando a célula inverte o sentido do movemento, os dous extremos intercambian a súa operación.
 
O outro mecanismo proposto nas mixobacterias é a mobilidade por exección de mucilaxe. As mixobacterias escorregan sobre as superficies deixando un rastro mucoso ao seu paso. Sabíase que este «moco» actuaba como lubricante, pero ata hai pouco non se podía explicar como se xeraba a forza para o movemento. Recentemente, descubriuse que as bacterias se propulsan expulsando o moco a presión a través dunhas boquillas, a modo de foguetes. As mixobacterias presentan unhas 250 destas boquillas situadas en cada extremo e expulsando moco por un conxunto delas poden escorregar cara adiante ou atrás a unha velocidade máxima de 10 [[micron|µm]] por segundo. Outras bacterias que segregan un polisacárido mucoso que utilizan para moverse son as cianobacterias filamentosas.<ref name=Brock/>
 
Unha propostas que se fixo para explicar o escorregamento de ''[[Flavobacterium johnsoniae]]'' é o movemento de proteínas na membrana externa como unha cinta sen fin que por un lado se unen ao substrato e por outro á capa de [[peptidoglicano]], e van movéndose ao longo da membrana.<ref name=Brock/>
A mobilidade por escorregamento permítelle á célula colonizar novos ambientes ou interaccionar con outras células, e mesmo, como no caso das mixobacterias, ter un comportamento social e cooperativo.<ref name=Brock> Madigan, M. T., Martinko, J. M., Parker, J. "Brock - Microbiología de los Microorganismos". 10ª edción. Páxinas 85-87. ISBN 84-205-3679-2.</ref>
 
==Notas==