Escorregamento bacteriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Bacterial gliding e es:Deslizamiento bacteriano.
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
| accessdate = 17 January 2010
}}</ref> e outro que utiliza "complexos de [[adhesión focal]]" distribuídos ao longo do corpo da célula.<ref name="Science1">Mignot, T.; Shaevitz, J.; Hartzell, P.; Zusman, D. (2007). "Evidence that focal adhesion complexes power bacterial gliding motility". Science 315 (5813): 853–856. Bibcode:2007Sci...315..853M. doi:10.1126/science.1137223. PMID 17289998.</ref>
 
Na mobilidade por complexos de adhesión focal, fórmanse complexos de adhesión transitoria que permanecen en posicións fixas relativas ao substrato mentras a célula se move cara adiante. Os complexos ensámblanse no extremo anterior da célula e dispérsanse no extremo posterior. Cando a célula inverte o sentido do movemento, os dous extremos intercambian a súa operación.
 
O outro mecanismo proposto é a mobilidade por exección de mucilaxe. As mixobacterias escorregan sobre as superficies deixando un rastro mucoso ao seu paso. Sabíase que este «moco» actuaba como lubricante, pero ata hai pouco non se podía explicar como se xeraba a forza para o movemento. Recentemente, descubriuse que as bacterias se propulsan expulsando o moco a presión a través dunhas boquillas, a modo de foguetes. As mixobacterias presentan unhas 250 destas boquillas situadas en cada extremo e expulsando moco por un conxunto delas poden escorregar cara adiante ou atrás a unha velocidade máxima de 10 [[micron|µm]] por segundo.
 
==Notas==