Diferenzas entre revisións de «Evolución»

m
fixing dead links
m (fixing dead links)
A ruptura fundamental co concepto de especie fixa (fixismo) en bioloxía empezou coa teoría da evolución por selección natural, que formulou Charles Darwin. Darwin, en parte influenciado polo ''[[Ensaio sobre o principio da poboación]]'' de [[Thomas Robert Malthus]], fixo notar que o crecemento da poboación dos distintos seres vivos leva a unha "loita pola existencia" na cal as variacións favorables poderían prevalecer mentres que outras perecerían. En cada xeración, moitos dos descendentes non conseguen sobrevivir ata a idade reprodutiva debido á limitación dos recursos do seu medio. Isto podía explicar a formación dunha diversidade de animais e plantas a partir dun antepasado común por medio do funcionamento das leis naturais, que funcionaban igual para todo tipo de cousas.<ref name="Sober09">{{cite journal |last1 = Sober |first1 = E. |year = 2009 |title = Did Darwin write the origin backwards? |journal = Proceedings of the National Academy of Sciences |volume = 106 |issue = S1 |pages = 10048–10055 |doi = 10.1073/pnas.0901109106 |url = http://www.pnas.org/content/106/suppl.1/10048.full.pdf+html |bibcode = 2009PNAS..10610048S }}</ref><ref>Mayr, Ernst (2001) ''What evolution is''. Weidenfeld & Nicolson, London. p165</ref><ref>{{cite book |author = Bowler, Peter J. |title = Evolution: the history of an idea |publisher = University of California Press |location = Berkeley |year = 2003 |pages = 145–146 |isbn = 0-520-23693-9 |oclc = |doi = }} page 147"</ref><ref>{{cite journal |doi = 10.1086/282646 |author = Sokal RR, Crovello TJ |title = The biological species concept: A critical evaluation |journal = The American Naturalist |volume = 104 |issue = 936 |pages = 127–153 |year = 1970 |pmid = |url = http://hymenoptera.tamu.edu/courses/ento601/pdf/Sokal_Crovello_1970.pdf |format = PDF |jstor = 2459191 }}</ref> Darwin estivo desenvolvendo a súa teoría da "[[selección natural]]" desde 1838 en adiante ata que [[Alfred Russel Wallace]] lle enviou unha teoría similar en 1858. Ambos os dous presentaron documentos por separado á [[Sociedade lineana de Londres]].<ref>{{cite journal | last1 = Darwin | first1 = Charles | last2 = Wallace | first2 = Alfred | url = http://darwin-online.org.uk/content/frameset?itemID=F350&viewtype=text&pageseq=1 | title = On the Tendency of Species to form Varieties and on the Perpetuation of Varieties and Species by Natural Means of Selection | journal = Zoological Journal of the Linnean Society | volume = 3 | issue = 2 | year = 1858 | month = August | pages = 45–62 | accessdate = May 13, 2007 | doi = 10.1111/j.1096-3642.1858.tb02500.x | ref = harv }}</ref> A finais de 1859, o libro publicado por Darwin ''[[A orixe das especies]]'' explicou a selección natural en detalle e dun modo que fixo que se producise unha crecente aceptación da [[Darwinismo|evolución darwinista]]. [[Thomas Henry Huxley]] aplicou as ideas de Darwin aos humanos, usando a [[paleontoloxía]] e a [[anatomía comparada]] para proporcionar evidencias de que os homes e os [[simio]]s compartían un antepasado común. Na súa época a algúns lles molestou esta idea, xa que implicaba que os humanos non ocupaban un sitio especial no Universo.<ref>{{cite web |url = http://www.britannica.com/EBchecked/topic/277746/T-H-Huxley |title = Encyclopædia Britannica Online |publisher = Britannica.com |date = |accessdate = January 11, 2012 }}</ref>
 
Os mecanismos precisos da herdanza reprodutiva e da orixe dos novos trazos seguía sendo un enigma. Ao final da súa vida Darwin desenvolveu a súa teoría provisional da [[panxénese]].<ref name="Liu09">{{cite journal |last1 = Liu |first1 = Y. S. |last2 = Zhou |first2 = X. M. |last3 = Zhi |first3 = M. X. |last4 = Li |first4 = X. J. |last5 = Wan |first5 = Q. L. |title = Darwin's contributions to genetics |journal = J Appl Genet |volume = 50 |issue = 3 |pages = 177–184 |year = 2009 |url = http://jay.up.poznan.pl/JAG/pdfy/2009_Volume_50/2009_Volume_50_3-177-184.pdf |doi = 10.1007/BF03195671 |pmid = 19638672 |archiveurl=http://web.archive.org/web/20120330163705/http://jay.up.poznan.pl/JAG/pdfy/2009_Volume_50/2009_Volume_50_3-177-184.pdf|archivedate=2012-03-30}}</ref> En 1865 [[Gregor Mendel]] informou que as características xenéticas se herdaban dunha maneira predicible por medio da distribución independente e a segregación de "elementos" (máis tarde chamados [[xene]]s). As [[leis de Mendel]] da herdanza finalmente substituirían á teoría da panxénese de Darwin.<ref name=Weiling>{{cite journal |author = Weiling F |title = Historical study: Johann Gregor Mendel 1822–1884 |journal = Am. J. Med. Genet. |volume = 40 |issue = 1 |pages = 1–25; discussion 26 |year = 1991 |pmid = 1887835 |doi = 10.1002/ajmg.1320400103 |ref = harv }}</ref> Despois, [[August Weismann]] fixo a importante distinción entre as células da [[célula xerminal|liña xerminal]] ([[espermatozoide]]s e [[óvulo]]s) e as [[célula somática|células somáticas]] do corpo, demostrando que a herdanza se transmite só a través da liña xerminal. [[Hugo de Vries]] conectou a teoría da panxénese de Darwin coa distinción de Weismann entre células xerminais e somáticas e propuxpo que os panxenes de Darwin estaban concentrados no [[núcleo celular]] e cando se expresaban podían moverse ao [[citoplasma]] para cambiar a estrutura celular (o que hoxe sabemos que non é exactamente así). De Vries foi tamén un dos investigadores que fixo que se coñecesen os traballos de Mendel, e cría que a os trazos mendelianos se debían á transferencia de variacións herdables na liña xerminal.<ref name="Wright84">{{cite book |last1 = Wright |first1 = S. |title = Evolution and the Genetics of Populations, Volume 1: Genetic and Biometric Foundations |page = 480 |publisher = University of Chicago Press |isbn = 0-226-91038-5 |url = http://books.google.ca/books?id=4pTdTWi83ecC&printsec=frontcover&dq=sewall+wright+volume+1#v=onepage&q&f=false |date = 1984-06-15 }}</ref> Para explicar como se orixinaban as novas variacións, De Vries desenvolveu unha teoría da [[mutación]] que orixinou unha división temporal entre os que aceptaban a evolución darwinista e os biométricos que apoiaban a de Vries.<ref name="Gould02" /><ref>{{cite book |author = [[Will Provine]] |title = The Origins of Theoretical Population Genetics |year = 1971 |isbn = 0-226-68464-4 |publisher = University of Chicago Press }}</ref><ref>Stamhuis, Meijer and Zevenhuizen. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10439561?dopt=Citation ''Hugo de Vries on heredity, 1889–1903. Statistics, Mendelian laws, pangenes, mutations.''], Isis. 1999 Jun;90(2):238-67.</ref> Coa chegada do [[século XX]], os pioneiros no campo da [[xenética de poboacións]], como [[J. B. S. Haldane]], [[Sewall Wright]], e [[Ronald Fisher]], estableceron os alicerces da evolución sobre unha base estatística robusta. Fíxose entón evidente a falsa contradición ente a teoría de Darwin, as mutacións xenéticas, e a herdanza mendeliana, que foron reconciliadas.<ref>Quammen, D. (2006). [http://www.nytimes.com/2006/08/27/books/review/Desmond.t.html?n=Top/Reference/Times%20Topics/People/D/Darwin,%20Charles%20Robert ''The reluctant Mr. Darwin: An intimate portrait of Charles Darwin and the making of his theory of evolution.''] New York, NY: W.W. Norton & Company.</ref>
 
Nas décadas de 1920 e 1930 a [[síntese evolutiva moderna]] conectou a selección natural, a teoría da mutación, e a herdanza mendeliana nunha teoría unificada que se aplicou de forma xeral en todas as pólas da bioloxía. A síntese moderna podía explicar os patróns observados nas especies en termos de poboacións, a través de [[fósil transicional|fósiles transicionais]] en palaeontoloxía, e por medio de complexos mecanismos celulares na [[bioloxía do desenvolvemento]].<ref name="Gould02" /><ref>{{cite book |last = Bowler |first = Peter J. |authorlink = Peter J. Bowler |year = 1989 |title = The Mendelian Revolution: The Emergence of Hereditarian Concepts in Modern Science and Society |publisher = Johns Hopkins University Press |location = Baltimore |isbn = 978-0-8018-3888-0 }}</ref> A publicación da estrutura do ADN por [[James D. Watson|James Watson]] e [[Francis Crick]] en 1953 demostrou a base física da herdanza.<ref name="Watson53">{{cite journal |last1 = Watson |first1 = J. D. |last2 = Crick |first2 = F. H. C. |title = Molecular structure of nucleic acids: A structure for deoxyribose nucleic acid |journal = Nature |volume = 171 |pages = 737–738 |doi = 10.1038/171737a0 |url = http://profiles.nlm.nih.gov/SC/B/B/Y/W/_/scbbyw.pdf |bibcode = 1953Natur.171..737W |issue = 4356 |pmid = 13054692 |year = 1953 }}</ref> A [[bioloxía molecular]] mellorou moito a nosa comprensión das relacións entre [[xenotipo]] e [[fenotipo]]. Fixéronse tamén moitos avances en [[sistemática]] [[filoxenética]], mapando a transición dos trazos xenéticos nun marco comparativo e comprobable que levou á publicación e uso de [[árbore filoxenética|árbores filoxenéticas evolutivas]].<ref name="Hennig99">{{cite book |last1 = Hennig |first1 = W. |last2 = Lieberman |first2 = B. S. |title = Phylogenetic systematics |page = 280 |publisher = University of Illinois Press |edition = New edition (Mar 1, 1999) |isbn = 0-252-06814-9 |year = 1999 |url = http://books.google.ca/books?id=xsi6QcQPJGkC&printsec=frontcover&dq=phylogenetic+systematics#v=onepage&q&f=false }}</ref><ref name="Wiley11">{{cite book |title = Phylogenetics: Theory and practice of phylogenetic systematics |year = 2011 |edition = 2nd |publisher = Wiley-Blackwell |page = 390 |doi = 10.1002/9781118017883.fmatter }}</ref> En 1973, o biólogo evolucionista [[Theodosius Dobzhansky]] escribiu que "nada en bioloxía ten sentido se non está baixo a luz da evolución", porque explica as relacións do que antes parecían feitos inconexos da historia natural nun corpo de coñecementos coherente explicativo que describe e predí moitos feitos observables sobre a vida no noso planeta.<ref name="Dobzhansky73">{{cite journal |last1 = Dobzhansky |first1 = T. |year = 1973 |title = Nothing in biology makes sense except in the light of evolution |journal = The American Biology Teacher |volume = 35 |issue = 3 |pages = 125–129 |url = http://img.signaly.cz/upload/1/0/9a462eb6be1ed7828f57a184cde3c0/Dobzhansky.pdf |doi = 10.2307/4444260 }}</ref>
1.424

edicións