Claudio Abbado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 76:
A pesar destes problemas, a tarde do [[8 de outubro]] de 1989 o [[violonchelo|violonchelista]] [[Klaus Haussler]] (portavoz da xunta da orquestra) anunciaba a elección de Claudio Abbado como sucesor do falecido Herbert von Karajan á fronte da [[Berliner Philharmoniker]],<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#0 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". Chief conductor Claudio Abbado |editor=[[Berliner Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref> converténdose no segundo director non [[Austria|austríaco]] ou [[Alemaña|alemán]] despois do [[Romanía|romanés]] [[Sergiu Celibidache]] (director da orquestra entre [[1945]] e [[1952]]). A víspera da votación en [[Berlín]], Abbado encontrábase no medio de negociacións coa [[New York Philharmonic]]. Antes dirixira a orquestra por primeira vez o [[20 de decembro]] de [[1966]] e un total de 36 concertos.<ref>{{Cita libro |título= Music at Its Best: The Berlin Philharmonic: From Karajan to Rattle |nome= Annemarie |apelidos= Kleinert |ligazónautor= |coautores= |ano= [[2009]] |editor= Books on Demand |localización= |isbn= |páxina= 45-59 |páxinas= 174 |dataacceso= |url= }}</ref> Algo máis dun mes máis tarde chegaba o primeiro concerto de Abbado como director principal da orquestra berlinesa, foi o [[16 de decembro]] dese mesmo ano, cun programa no que se interpretaron a ''[[Sinfonía Nº 8 (Schubert)|Sinfonía Nº 8 en Si menor "Inacabada"]]'' de [[Franz Schubert]], ''Dämmerung'' de [[Wolfgang Rihm]], a ''[[Sinfonía nº 1 (Mahler)|Sinfonía nº 1 en Re Maior "Titan"]]'' de [[Gustav Mahler]].<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#2 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". Claudio Abbado’s first concert as chief conductor |editor=[[Berliner Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
 
Con Abbado á fronte celebrábase o [[1 de maio]] de [[1991]], no Smetana Hall do [[Obecní dům]] de [[Praga]], o primeiro Concerto Europeo para conmemorar a fundación da orquestra ese mesmo día no ano [[1882]]. O concerto, que foi gravado pola televisión, foi retransmitido en directo para moitos países, e contou coa [[soprano]] [[Estados Unidos|estadounidense]] [[Cheryl Studer]] e o [[piano|pianista]] italiano [[Bruno Canino]].<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#8 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". First European Concert: Prague |editor=[[Berliner Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref><ref>[http://www.youtube.com/watch?v=ILOlXucWkTQ Concerto Europeo 1991] Fragmento da ''[[Sinfonía Nnnº 29 (Mozart)|Sinfonía Nnº 29]]'' de [[Mozart]] (en [[YouTube]]).</ref> Ao mes seguinte dirixía por primeira vez a orquestra berlinesa no Concerto de Waldbühne coa soprano [[Gales|galesa]] [[Margaret Price]], nun programa no que se escoitaron a ''[[Sinfonía Nº 4 (Mahler)|Sinfonía Nº 4 en Sol Maior]]'' de Gustav Mahler e a Suite de ''[[L'oiseau de feu]]'' de [[Ígor Stravinski]].<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#9 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". 8th Waldbühne concert |editor=[[Berliner Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref> Ese mesmo ano, o director italiano dirixía por segunda e última vez na súa vida o [[Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker]], logo de telo dirixido en [[1988]].<ref>{{Cita web |url=http://www.wienerphilharmoniker.at/new-years-concert/history |título=The History of the New Year's Concert |editor=[[Wiener Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
 
O [[26 de abril]] de [[1992]], Abbado dirixía a Berliner Philharmoniker na reapertura da súa casa, o [[Berliner Philharmonie]], despois de máis dun ano pechado a causa dunha profunda remodelación.<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#6 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". Closure of the Philharmonie |editor=[[Berliner Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref> Nesta gala a orquestra berlinesa interpretaría o ''[[Gurrelieder]]'' de [[Arnold Schönberg]] coa soprano [[Cheryl Studer]], a [[mezzosoprano]] [[Marjana Lipovšek]], os [[tenor]]es [[Siegfried Jerusalem]] e [[Philip Langridge]], o [[baixo (voz)|baixo]] [[Hartmut Welker]], a [[actor|actriz]] [[Barbara Sukowa]] na narración e xunto cos coros Ernst Senff, o Philharmonic e o Coro da Radio de Berlín.