Carpa vermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase nas versións española e portuguesa da Wikipedia [es:Carassius auratus]; [pt:Carassius auratus]
 
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 19:
[[Ficheiro:Frai de poissons rouges anim.gif|thumb|263px|Apareamento.]]
 
A '''carpa vermella'''<ref>Nome vulgar galego en ''Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España''. Boletín Oficial del Estado, 2006 e ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos'', Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, </ref> '''''Carassius auratus''''' <small>[[L.]], [[1758]]</small>, coñecido tamén cos nomes de peixe xaponés, peixiño dourado ou peixe vermello, é unha [[especie (bioloxía)|especie]] de pequenos peixes de [[auga doce]] pertencente á [[Familia (bioloxía)|familia]] dos [[ciprínidos]] ([[Cyprinidae]]), á que pertencen todas as [[carpa]]s. Foi unha das primeiras [[especies]] de [[peixe]]s a ser domesticada e é aínda un dos peixes de [[acuario (recipiente)|acuario]] máis comúns no mundo enteiro. É unha variedade domesticada dunha carpa cinsenta escura nativa da [[Asia]] oriental. Foi domesticada, por vez primeira na [[China]], e foi introducida na [[Europa]] a finais do [[século XVII]]. Ten moitas variedades de tamaño, forma, configuración de nadadeira e cor (varias combinacións de branco, amarelo, alaranxado, vermello, marrón, e negro). Pode crecer até aos 59 [[centímetro|cm]] e un máximo de 3 [[quilogramo|kg]], aínda que tales valores sexan moi raros: a maior parte dos especimes non atinxe a metade destas medidas. É [[ovíparo]].
 
Existe a idea de que a carpa vermella ten unha memoria moi curta podendo só se lembrar do que aconteceu tres segundos atrás. Esta idea é falsa. Existen argumentos que defenden que o peixe vermello pode chegar a recoñecer o seu dono (aquel que lle dá comida).