Diferenzas entre revisións de «Suecia»

m
fixing dead links
(*feirado>festivo)
m (fixing dead links)
[[Alfred Nobel]] inventou a dinamita e instituíu o [[Premio Nobel]]. [[Gustaf Dalén]] fundou a compañía de gas AGA e gañou o [[Premio Nobel de Física]] polas súas válvulas solares. [[Lars Magnus Ericsson]] comezou a empresa que leva o seu nome, [[Ericsson]], que hoxe en día é unha das compañías de telecomunicacións máis grandes no mundo. [[Jonas Wenström]] foi un pioneiro na [[corrente alterna]] e xunto co inventor [[Croacia|croata]] [[Nikola Tesla]], inventou o sistema electrónico de tres fases.
 
A tradicional industria e enxeñaría son aínda una das principais fontes de invencións suecas, pero a electrónica, farmacéutica e outras industrias de alta tecnoloxía comezan a gañar terreo. O Tetra pack foi inventado polo sueco Erik Wallenberg. Håkan Lans inventou o Automatic Identification System, unha ferramenta usada por buques e avións civís a nivel mundial. Losec, un medicamento para as úlceras, foi a medicina máis vendida na década de [[1990]] e foi desenvolvida por AstraZeneca, unha compañía anglo-sueca. Gran parte das industrias suecas multinacionais tiveron as súas orixes no enxeño de múltiples inventores suecos.<ref>[http://web.archive.org/web/20090318022752/http://www.sweden.se/upload/sweden_se/english/factsheets/SI/SI_FS91e_Swedish_inventions_and_discoveries/Swedish_inventions_and_discoveries_FS91e_Hires.pdf Inventos e descubrimentos suecos]</ref> Suecia tiña un total de 33.523 [[patente]]s até o ano [[2007]], de acordo á Oficina de Patentes e Marcas Rexistradas dos Estados Unidos, con só dez países superando este número.<ref>[http://www.uspto.gov/web/offices/ac/ido/oeip/taf/cst_all.htm Patentes por país, estado e ano]</ref>
 
== Cultura ==
1.424

edicións