Vigo Foot-ball Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Jorges65 (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
[[Vigo]] foi unha das cidades polas que entrou o fúbtolfútbol na península, de man de mariñeiros e traballadores británicos. As primeiras demostracións do deporte foron por parte do equipo promovido en [[1895]] pola empresa británica que estaba instalando o cable telegráfico entre as illas e Vigo para dende alí conectar con [[Lisboa]], este equipo chamouse ''Exiles Cable Club'' e disputou varios encontros contra as tripulacións mercantes e militares británicas de paso polo porto vigués. Pronto se crearon os primeiros equipos mixtos entre galegos e británicos, como por exemplo o ''Petit FC''.
 
Seguindo o exemplo de [[Barcelona]], onde en [[1899]] se fundaron o [[FC Barcelona]] e o [[FC Catalá]], en [[Vigo]] reflexouse o tirón que tivo o fútbol nesa época fundouse en [[1905]] o Vigo Foot-ball Club e o [[Real Club Fortuna de Vigo|Fortuna Foot-ball Club]]. O Vigo F.C. vestiría unha camisa metade branca e metade vermella con pantalón branco, e xogaba no ''Campo de Coia''