Diferenzas entre revisións de «Praha hlavní nádraží»

m
fixing dead links
m (fixing dead links)
 
== Historia ==
A estación foi aberta en [[1871]] baixo o nome '''Franz Josef Station''' en homenaxe ao [[Arquiduque Francisco Xosé]]. Durante a [[Primeira República Checoslovaca|Primeira República]] e entre [[1945]] e [[1953]] a estación foi chamada '''Wilsonovo nádraží''' (en galego ''Estación Wilson'') en honor ao [[Presidentes dos Estados Unidos de América]] [[Woodrow Wilson]]. A súa estatua permaneceu no parque en fronte da estación ata a súa destrución polas [[Protectorado de Bohemia e Moravia|autoridades alemás]] cando os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] tomaron parte na [[II Guerra Mundial|Guerra]] en [[1941]].<ref>[http://www.radio.cz/en/section/curraffrs/wilson-monument-to-be-restored-to-prague-70-years-after-being-torn-down-by-nazis Wilson monument to be restored to Prague 70 years after being torn down by Nazis] en [[Radio Prague]] (30 de abril de 2009)</ref> A nova estatua de Woodrow Wilson atópase agora no lugar (2012). No [[2010]], na estación operaron 132.560 trens e por ela pasaron 22 millóns de pasaxeiros.<ref>[http://web.archive.org/web/20120321182940/http://www.tsk-praha.cz/rocenka/udi-rocenka-2010-cz.pdf Ročenka dopravy Praha 2010]</ref>
 
O edificio [[Art Nouveau]] da estación e o hall da estación foron construidos entre [[1901]] e [[1909]], sendo deseñados polo arquitecto checo [[Josef Fanta]], no lugar da antiga estación [[Neorenacentismo|neorrenacentista]]. A estación foi ampliada cunha nova terminal construida entre [[1972]] e [[1979]], incluíndo a [[Hlavní nádraží (Metro de Praga)|estación de metro]] e unha rúa principal no teito da terminal. A construción da nova terminal requiriu da utilización de boa parte do parque, e a construción da rúa cortou o hall neorrenacentista da estación á cidade. No [[2011]] rematou unha nova remodelación da estación por parte da empresa [[Italia|italiana]] [[Grandi Stazioni]],<ref>[http://www.railwaygazette.com/nc/news/single-view/view/station-lease-signed.html Czech station lease signed] en [[Railway Gazette International]] (1 de febreiro de 2004)</ref> que a alugou por espazo de 30 anos dende [[2002]].<ref>[http://www.railwaygazette.com/nc/news/single-view/view/presidential-opening-for-praha-hlavni.html Presidential opening for Praha Hlavní] en [[Railway Gazette International]] (29 de maio de 2011)</ref>
1.424

edicións